div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 59 NADAL

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

07:15 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 320

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No primeiro programa do ano, ‘O termómetro' analiza a suba de prezo da AP-9, os sucesos máis recentes e prepárase para o sorteo da lotaría do neno.

09:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1199

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2001

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 619

As cinco dioceses de Galicia organizaron conxuntamente a primeira Asemblea Interdiocesana de Vocacións, que se celebrou no Seminario Apóstolo Santiago. O encontro busca crear na nosa comunidade un espazo propio para afondar na realidade vocacional desde a perspectiva da Igrexa galega.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 456

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 04.01.2026

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 81

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites.

13:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 83

Alba, natural da Coruña, Justo, do Porriño, e Francisco, de Ames, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.01.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.01.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.01.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.01.2026

15:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 914

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

16:40 h

GALICIA BONITA: Ponteareas

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' atópase esta noite cun muro difícil de derribar na reforma dunha vivenda en Ponteareas. O equipo liderado por Rosa Facal atoparase cunha casa pechada nun espazo moi estreito e o seu obxectivo será mellorar a sensación de diafanidade.

18:00 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 23

A historia de amor entre 'Imos ao choio' e as reformas é ben coñecida. Pero hoxe veremos se un novo sentimento se abre paso entre madeiras, pinturas e agullas. En ocasións, o amor pode doer, pero compartir tempo xuntos sempre compensa. Veremos se esta explosión de sentimentos non acaba por lastrar a obra... e se Inda e Julio conseguen completar todo o choio a tempo. Os reformadores de ‘Imos ao choio’ intentarán axudar hoxe unha avoa de Rianxo que quere ter unha zona de xogos para os seus netos

19:15 h

ESPECIAIS DE NADAL 2025: Nada é para sempre

Especial que recompila as actuacións musicais máis emblemáticas e curiosas dos 40 anos de historia da TVG. Coa narración de Kiko Novoa, a voz das mañás da Radio Galega, os espectadores verán artistas internacionais, nacionais e galegos, e escoitarán os temas máis coñecidos dos cantantes e grupos que máis triunfaron.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 04.01.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.01.2026

21:55 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 2

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente oculto' reconstrúe hoxe o impactante crime da rúa Areal de Vigo e analiza o peche xudicial do caso. O programa aborda tamén a lenda da Casa da Escusalla, o caso de Yoel Quispe e as estafas máis habituais do Nadal.

23:05 h

CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 7

A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén.

23:35 h

EN XOGO: EN XOGO 786

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

00:00 h

RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE: Salvamento na neve

‘Rescates. No fío do milagre’ retrata os casos reais máis extremos que levan aos equipos de salvamento a probar os seus propios límites. Por terra, mar e aire, gardacostas, sanitarios, pilotos ou mergulladores baixan ás simas máis fondas, soben aos cantís máis altos e traballan nas ondas máis bravas para salvar persoas que precisan axuda, conseguindo rescates ‘no fío do milagre’. Nas montañas do leste de Galicia a neve marca a última fronteira. Os especialistas do GREIM da Garda Civil en Trives fan prácticas coa súa cadela Dana para rescates extremos en xeo e avalanchas. Nos Ancares, Protección Civil e gardas forestais interveñen cada inverno para salvar vidas cando un manto branco cobre os bicos dos maiores cordais do país.

00:30 h

EN XOGO: EN XOGO 786

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

02:00 h

LUAR: LUAR 1466

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Manu Tenorio e Verónica Romero, dous dos artistas máis queridos da primeira xeración de 'OT', actúan hoxe no primeiro 'Luar' do ano. Tamén pasarán polo escenario X4VI, a orquestra Miramar, o Rancho de Reis das Cortellas e a Rondalla de Santa Eulalia de Mos.

04:40 h

PRATOS COMBINADOS: Miro e Antón e o santo patrón

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: O deporte do parchís

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: O carteiro chama cando pode

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 04.01.2026

div-crtvg-top2

Publicidade