TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 316
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As novidades da gripe aviaria e os aranceis que A China lle impuxo ao sector lácteo español, a análise no espazo 'O Termómetro'.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1193
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2000
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 618
A Diocese de Tui-Vigo acolle un encontro dedicado á reflexión sobre a realidade migratoria na Igrexa, en que se presenta a exhortación pastoral ‘Comunidades acolledoras e misioneiras’, unha proposta para renovar a pastoral con persoas migradas e avanzar cara a comunidades máis abertas, diversas e comprometidas coa acollida e a misión compartida.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 455
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 28.12.2025
Presenta Chus Tanoira.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 80
Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Tributo, cheo de emoción, a Antón Reixa, esta noite, en 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'. O espírito do programa estará exemplificado na edición desta semana, con moito sentimento, compañeirismo e superación.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 81
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Glen, natural da Coruña; Lucía, de Navia de Suarna, e Carlos, da Coruña, participan hoxe no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 28.12.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.12.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.12.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.12.2025
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 908
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA BONITA: Baldomar
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. A reforma dunha vivenda de mediados do século XIX en Begonte é hoxe a misión do programa 'Galicia Bonita'. O equipo comandado por Rosa Facal terá que enfrontarse ás cuestionables decisións dos seus propietarios á hora de aplicar as súas ideas decorativas.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 21
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. O equipo de ‘Imos ao choio’ porá este domingo o seu gran de area para que Anxelina cumpra o seu soño de vivir na casa onde naceu.
ESPECIAIS DE NADAL 2025: O mellor de cada casa: Inocentes
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 28.12.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.12.2025
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 1
Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O eixe central do primeiro programa será o caso de Ana Enjamio. No bloque de lendas, o equipo de 'Expediente Oculto' investigará a Casa da Peste.
O QUE A G ESCONDE: Paulino faría 100 anos
A maior matanza da historia de Galicia producíuse un 8 de marzo de 1989 nunha pequena aldea de Chantada, Surribas. Alí, nunha tarde morreron 8 persoas e quedaron feridas 13. Entre as vítimas mortais, o propio asasino: Paulino Fernández Vázquez. Esta é a recreación do que pasou a través do amplo arquivo da Televisión de Galicia e as lembranzas dos que estiveron alí.
OS GARDIÁNS DO MAR: Xornada de pesca na ría de Corcubión
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Os espectadores do programa serán hoxe testemuñas do descubrimento dun grande alixo de drogas no porto de Vigo.
LUAR: LUAR 1465
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O último 'Luar' do ano será un programa especial dedicado ao popular concurso de talentos 'Recantos'. Contará coa participación de caras tan queridas para os espectadores galegos como Eva Iglesias, Lucía Pérez, Fátima Pego, Ruth Cundíns, Tania Veiras, Christian Escuredo ou Antonio Barros, que saltaron á fama grazas a este espazo.
PRATOS COMBINADOS: Cerrado por defunción
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Pereira está feito un mozo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O vello Pereira ataca de novo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O salmonete de ouro
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Especies protexidas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un millón de Pereiras
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.