div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 57 NADAL

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

07:20 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 315

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 27.12.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1720

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:30 h

SALA G: O mellor dúo da historia (1ª semifinal)

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Parellas musicais sorprendentes en 'Sala G. O mellor dúo da historia', un experimento musical único para a noite do 25. Será o primeiro dunha serie de tres programas, presentados por Arturo Fernández, e hoxe contará coa presenza de Carlos Baute como convidado especial. Manolo Escobar e Noly, Juan Pardo e Polanco, Rocío Jurado e Awa Famy, María Dolores Pradera e Alba Navarro, Peret e Dani Gigirey e Sara Montiel e Tanea serán as primeiras parellas musicais dun formato que terá continuidade durante estas festas.

12:50 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA II 80

Belén, natural de Lugo, Diego, de Teo, e Glen, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis. Álvaro, natural da Coruña; David, de Portonovo, e Sonia, do Rosal, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.12.2025

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.12.2025

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.12.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.12.2025

15:35 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 907

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

16:55 h

GALICIA BONITA: Arzúa

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' acomete este domingo a unificación dunha vivenda de planta baixa en Arzúa. O equipo do programa enfróntase á reforma dunha casa metade en pedra e metade en ladrillo e a uns invernadoiros case en ruínas.

18:20 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 20

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. 'Imos ao choio' afronta hoxe a reforma dun salón de peiteado, acollida negativamente polo entorno da propietaria.

19:45 h

WE LOVE...: We love Eva

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 27.12.2025

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 27.12.2025

21:55 h

A GRAN CEA: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 82

O espírito da Liga está exemplificado neste programa: emocións, sentimentos, compañeirismo e superación. Despois do roubo de Yey por parte dos Satélites, Diego empeza unha nova etapa co seu novo padriño Blas e parece que atopa o seu lugar. María e Lucía únense nun dúo algo diferente que non deixa indiferente o xurado. O "medley" deste programa levanta o público pero sobre todo levanta e conmove o corazón de Reixa. Xurado e padriños, xunto a César e Yennia, fanlle un tributo que o deixa emocionado. ‘A Gran Cea' da TVG convida os espectadores a pasar a Noiteboa na compaña dos seus rostros máis coñecidos. María Mera e César Romero serán os anfitrións dunha velada cargada de emoción, risas e moita música.

22:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 82

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Tributo, cheo de emoción, a Antón Reixa, esta noite, en 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios'. O espírito do programa estará exemplificado na edición desta semana, con moito sentimento, compañeirismo e superación.

00:25 h

WE LOVE...: We love Eva

01:25 h

O VENTO QUE AXITA A CEBADA

Dous irmáns alístanse na guerrilla para combater contra as tropas británicas que intentan impedir a independencia de Irlanda en 1920. Damien abandona unha prometedora carreira de médico para se unir a seu irmán Teddy a prol da liberdade para o seu pobo. Tras sufrir varias derrotas, o Goberno británico decide pactar cos rebeldes, pero o acordo provoca divisións no IRA que desembocan nun novo conflito.

03:35 h

PRATOS COMBINADOS: A silueta perfecta

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Pereira está feito un mozo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Un par de boas pezas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:45 h

PRATOS COMBINADOS: Falando con Paula

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:10 h

PRATOS COMBINADOS: O salmonete de ouro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

div-crtvg-top2

Publicidade