TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.12.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 903
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.12.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 23.12.2025
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 56 NADAL
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 314
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O Nadal é tempo de reunión, de cociñar en familia e de visitar os mercados. As peixerías de toda Galicia non dan abasto cos pedidos. ‘O termómetro’ acode este martes á praza de abastos de Santiago para palpar o ambiente! Ademais, Galicia retoma a normalidade despois do día da lotaría nacional, e a mesa de actualidade, con Hugo Pereira, Pablo Acción, Carla Reyes e Alejandro Vega, lembrará o mellor da xornada. O turismo de Nadal enche Vigo e hai mil anécdotas que contar e coñecer entre os visitantes que chegan á cidade para ver as luces e as atraccións do centro da cidade. Na mesa de sociedade, acoden ao estudio os colaboradores María Martínez, Héctor Castiñeira, Gloria Ferreiro e Pepo Suevos para falar de saúde e economía doméstica, e coñeceremos a Toño, o veciño do Barco que se baña no Sil a catro graos baixo cero, para comezar o día con moita enerxía. Veremos como o fai co frío que hai estes días. O Nadal asóciase ao turrón, pero en Galicia temos moitas máis sobremesas típicas que están boísimas. A algúns ata lles dan algunha volta para que teñan un toque innovador. Estaremos nunha pastelería para que nos amosen cales teñan máis éxito este Nadal.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.12.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.12.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.12.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.12.2025
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL V: ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL V 32
Hoxe imos xogar no 'Atrápame' solidario do Nadal a favor da Federación Galega de Dano Cerebral. O bote empeza nos dous mil euros e por el van loitar as nosas cinco parellas de famosos: Aitana del Mar e Laura Boado; Miguel Mandayo e Octavio Villazala; Fran Cañotas e Fran Nogueira; Xoán Fórneas e Elena Seijo; e Bernardo Montaña e Rocío Durán.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1241
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 904
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.12.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.12.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 26
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. ‘Land Rober + Show’ faranos vivir este martes as ceas de Nadal na véspera de Noiteboa. O espazo chega cargado de música coa segunda entrega de ‘A túa cara fáiseme coñecida’, que contará coa participación de Eva Iglesias, Roi Méndez, Néstor Pardo e Rocío Varela. Antes diso, o público falará das tradicións das súas ceas de Nadal. Na sección de ficción riremos coa escena sobre o proceso para sacar o carné de conducir dun mítico personaxe do ‘Land Rober’.
LATITUDE GALEGA: LATITUDE GALEGA 8 - NOVA YORK
‘Latitude galega’ visita Nova York, unha das capitais máis importantes do mundo. Con 24 millóns de habitantes na súa área urbana, esta cidade está formada por cinco distritos: Bronx, Brooklyn, Queens, Manhattan e Staten Island. Aquí, entre moitos outros puntos de interese, destacan os rañaceos, a Estatua da Liberdade, Central Park ou Times Square. A reporteira Alba Mancebo coñece Nova York da man de cinco galegos: Anxo, un mestre de Esteiro; Tania, unha bióloga de Ourense; Daniel, un mordomo de Vigo; Mario, un informático de Santiago; e Vanesa, unha artista de Vigo.
XENTE DE MUNDO: PRAGA
Polo menos esta foi a conclusión dun grupo de mulleres ourensás, todas elas curmás, despois de facer unha viaxe todas xuntas ata a belísima capital checa, Praga. Da man deste grupo trouleiro o programa paseará por rúas que teñen máis de mil anos, subirá a un dos castelos máis grandes do mundo, coñecerá os recunchos polos que andaron Kafka ou Seifert, e probará unha lambetada de nome impronunciable.
PRATOS COMBINADOS: Xente con sorte
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Xa están aquí...
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un orador moi distinguido
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Paxaros pouco recomendables
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O abominable home do Bar Suízo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Secuestrado!
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.