TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 18.12.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 18.12.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 29
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con gomas elásticas en que traballarán tanto o tren inferior coma o superior.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 312
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo ‘O Termómetro’ dará consellos para elixir xoguetes seguros nos agasallos de Nadal e falará da suba dos prezos do tren, que está a encarecer a volta á casa durante estas datas.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 18.12.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 18.12.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 18.12.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 18.12.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1238
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 899
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.12.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 18.12.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 24
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. 'Land Rober + Show' amosa esta noite o mantel seleccionado para ser posto durante as festas de Nadal na xa mítica mesa do programa.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 4
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. O cociñeiro Pepe Solla e o cantante Roi Méndez, convidados nunha edición de 'Malas Pécoras' centrada nos afrodisíacos e nos mitos sobre o desexo masculino. Ademais, os espectadores coñecerán unha historia amorosa con final feliz, que ten como protagonista o Camiño de Santiago, e un uroandrólogo aclarará algúns dos problemas que os homes expoñen na súa consulta.
NON LLE CHAMES AMOR: FERROL
Presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, 'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa ten un tema principal e tres convidados que subirán á limusina do programa para contar as súas vivencias amorosas e sexuais e pasar un momento tremendamente divertido. As conversas de 'Non lle chames amor' xirarán hoxe sobre os tipos de posturas sexuais. O programa presentado por Raquel Graña viaxa a Ferrol para saber se os galegos e galegos son dos máis atrevidos ou máis ben tradicionais.

NON HAI SAÍDA
Un comandante da mariña norteamericana é trasladado ao cadro de persoal do secretario de Defensa. Alí encoméndanlle unha delicada misión: descubrir quen matou unha prostituta de Washington relacionada con amigos influentes. Cando unha estraña coincidencia relaciona o comandante coa vítima e algunhas das pistas apuntan ao propio investigador, este terá que se empregar a fondo para descubrir o culpable e salvar a súa propia vida.
PRATOS COMBINADOS: Todo é reciclable (menos o amor)
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 18.12.2025
Presenta Raúl Quián.
PRATOS COMBINADOS: Prognóstico reservado
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un morto moi vivo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Non todo é traballar
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.