div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 15.12.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 15.12.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 26

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 309

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A crise da clase media e a chegada do abellón oriental, entre os temas que se abordarán no programa 'O Termómetro'.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.12.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 15.12.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 15.12.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.12.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1235

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 896

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 15.12.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 15.12.2025

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 21

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Intercambio de lotaría, regresos por Nadal e modelaxe, no ‘Land Rober + Show’ deste luns.

22:45 h

A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO: Eddy Insua - Terelu Campos. Parte 2

Un famoso de fóra mergullarase na nosa cultura da man doutro coñecido anfitrión. Terelu Campos aspira ao carné de 'A miña gran cidade. Corazón galego' entre redeiras, gastronomía e queimada. Tras completar as seis experiencias, deberá agardar esta noite a decisión de Eddy Insua, o único con potestade para decidir se o aprendido nesta viaxe é abondo.

23:40 h

A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Eddy Ínsua-Sonia e Selena (Fisterra)

Presentado por Noelia Rey, este programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Nesta entrega, Eddy Ínsua abre as portas da súa querida Fisterra para recibir a Sonia e Selena. O empresario, convertido en celebrity, intentará convencer o icónico dúo musical de que a vila do ‘fin do mundo’ é o lugar ideal para pasar uns días de vacacións.

00:45 h

CAMIÑO DA VINGANZA

Un grupo de indios Kiowas obrigan a un cazador de peles a deixar todas as súas pezas a cambio dun escravo negro. Pero o asunto non queda así. Cando intenta recuperalas, uns bandidos adiántanselle, matan os indios, quítanlles o coiro cabeludo e marchan co cargamento do cazador, que non vai parar ata recuperalo.

02:30 h

NO FOCO: NO FOCO 13.12.2025

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

02:55 h

PRATOS COMBINADOS: Un minuto de gloria para Miro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O dono do Bar Suízo escoita pola radio que no programa 'A chamada de ouro' van entrevistar un famoso restaurador, e dase por aludido, pero trátase de Carlos Arguiñano e Miro deprímese porque pensa que ninguén lle recoñece os seus méritos.

03:55 h

PRATOS COMBINADOS: Intensa vida social

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:55 h

PRATOS COMBINADOS: O presidente ideal

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: O seguro cóbreo todo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 15.12.2025

div-crtvg-top2

Publicidade