TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 308
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' pescudará como lles afecta a peste porcina aos produtores de embutidos, ensinará a envolver correctamente os agasallos de Nadal e amosará como aínda é posible atopar alugueiros a bo prezo.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1210
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1998
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 616
A diocese de Mondoñedo-Ferrol conserva unha fonda herdanza espiritual que latexa con especial intensidade nas súas confrarías. Neste Ano Xubilar, Ferrol acolle a celebración desta festa da Igrexa na que as confrarías se presentan non como institucións, senón como comunidades que alimentan a vida da comunidade diocesana.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 453
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 14.12.2025
Presenta Chus Tanoira.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 78
Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Actuacións memorables, nervios e moita emoción, hoxe en 'A liga dos cantantes extraordinarios'. Os concursantes chegan ao terceiro programa con ganas de dalo todo nun escenario ao que hoxe regresa, Alejandra Pais, que se estrea como madriña.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA II 77
Xián, natural de Vigo, Diego, de Santiago, e Andrés, de Vigo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis. Álvaro, natural da Coruña; David, de Portonovo, e Sonia, do Rosal, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 14.12.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.12.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.12.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 14.12.2025
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.12.2025
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 895
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA BONITA: Verín
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' asume esta semana o reto de arranxar unha casa de Verín en total decadencia. A súa propietaria acaba de recibir a vivenda, cunha leira e unha zona de lecer absolutamente desafiuzadas.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 17
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. Os restauradores de ‘Imos ao choio’ daranlle hoxe vida a unha casa moi esquecida, pero que agocha obxectos fascinantes.
GRANDES CACHADAS: Quero ser como Ana
O especial 'Eu quero ser como Ana' busca a sucesora da grande Ana Kiro, a raíña da canción galega. Entre as candidatas haberá artistas que destacan pola súa faceta musical e como colaboradoras de televisión, e tamén presentadoras e actrices.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 14.12.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 14.12.2025
XENTE MARABILLOSA: PATRIMONIO
Nova temporada de 'Xente Marabillosa', espazo presentado por Lucía Rodríguez, que volve co obxectivo de emocionar, inspirar e poñer en valor a capacidade das persoas anónimas para contribuír a crear unha sociedade máis amable e inclusiva. A violencia contra o patrimonio é o tema deste ‘Xente marabillosa’. O patrimonio cultural e natural galego é amplo e extenso, como tamén o número de agresións que sofre. Pintadas, roubos ou actos vandálicos non son noticias estrañas. Por iso se estrea unha cámara oculta na que uns influencers intentan facer unha pintada nunha das esculturas máis icónicas de Santiago de Compostela: as Dúas Marías.
XENTE MARABILLOSA: XENTE MARABILLOSA III 21
Espazo de cámara oculta, presentado por Lucía Rodríguez, que pon o foco en casos de discriminación. Este exitoso formato, de fondo compromiso social, que xa triunfou noutras canles autonómicas, recollerá as reaccións de galegos e galegas anónimos/as e famosos/as antes estas situacións. ‘Xente Marabillosa' racha hoxe co tabú da sexualidade na vellez. Fátima Pego e Lito Garrido, cantantes da orquestra Panorama, serán os padriños desta edición do programa, que pretende axudar a normalizar un tema rodeado de descoñecemento e desinformación.
EN XOGO: EN XOGO 784
Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
OS GARDIÁNS DO MAR: Rescate en augas de Malpica
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. ‘Os gardiáns do mar’ asistirá hoxe ao rescate dun regatista francés en augas de Malpica. Ademais, o programa patrullará o mar da Coruña co Servizo Marítimo da Garda Civil e a ría de Arousa cos axentes de Vixilancia Aduaneira.
OS GARDIÁNS DO MAR: Rescate en augas de Malpica
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. ‘Os gardiáns do mar’ asistirá hoxe ao rescate dun regatista francés en augas de Malpica. Ademais, o programa patrullará o mar da Coruña co Servizo Marítimo da Garda Civil e a ría de Arousa cos axentes de Vixilancia Aduaneira.
LUAR: LUAR 1463
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O cantautor asturiano Víctor Manuel presenta esta noite en 'Luar' o seu novo disco. O programa, que convidará os espectadores a trasladarse á súa infancia, contará tamén coas actuacións do exrecanteiro Brian Cameselle, do Grupo Beatriz e da Escola de Cantigas e Agarimos.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 14.12.2025
Presenta Chus Tanoira.
NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 14.12.2025
PRATOS COMBINADOS: Os conferenciantes
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un minuto de gloria para Miro
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O dono do Bar Suízo escoita pola radio que no programa "A chamada de ouro" van entrevistar a un famoso restaurador, e dase por aludido, pero trátase de Carlos Arguiñano e Miro deprímese porque pensa que ninguén lle recoñece os seus méritos.