div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 12.12.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 12.12.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 25

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión coa esteira en que se traballará principalmente o tren inferior. Anxo, Noemí, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 308

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' pescudará como lles afecta a peste porcina aos produtores de embutidos, ensinará a envolver correctamente os agasallos de Nadal e amosará como aínda é posible atopar alugueiros a bo prezo.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.12.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 12.12.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 12.12.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.12.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1234

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 893

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 12.12.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 12.12.2025

21:45 h

LUAR: LUAR 1463

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. O cantautor asturiano Víctor Manuel presenta esta noite en 'Luar' o seu novo disco. O programa, que convidará os espectadores a trasladarse á súa infancia, contará tamén coas actuacións do exrecanteiro Brian Cameselle, do Grupo Beatriz e da Escola de Cantigas e Agarimos.

00:25 h

MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 2

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.

01:35 h

O QUE QUEDA DO DÍA

Stevens, o antigo maiordomo de Darlington Hall, vai visitar unha muller que hai anos que non ve: Miss Kenton, quen noutro tempo fora a ama de chaves de Darlington, co obxecto de que esta regrese á casa, que agora pertence a un congresista retirado. Durante a película vese en flashback toda a vida de Stevens en Darlington, cando servía a Lord Darlington, un home que tiña moito que dicir sobre a política inglesa daqueles tempos, xusto antes da Segunda Guerrra Mundial, e con capacidade para decidir sobre o futuro da nación. Na casa de campo de Darlington, a ama de chaves e mais o mordomo comparten a mesma posición de mando. Miss Kenton está claramente namorada de Steven, pero ten pánico a intimar con el, polo que dirixe as súas forzas ao traballo.

03:55 h

PRATOS COMBINADOS: Unha cea de cine

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:50 h

PRATOS COMBINADOS: Historias de amor en Internet

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:00 h

PRATOS COMBINADOS: O pequeno Pereira

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

div-crtvg-top2

Publicidade