div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.12.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.12.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 24

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 307

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A suba do prezo dos ovos e do cordeiro analízase en ‘O termómetro', que tamén fala hoxe de calotes, do marisco para as ceas de Nadal e da prevención da sarna.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.12.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.12.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.12.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.12.2025

15:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1233

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 892

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.12.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.12.2025

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 20

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. 'Land Rober Tunai Show' recibe hoxe recibe a visita de dous convidados de excepción.

22:45 h

MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 3

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. A picadiscos Sofía Cristo e o actor Fran Nogueira quecen o ambiente esta noite en 'Malas Pécoras'. A filla de Bárbara Rey protagonizará unha batalla musical coa DJ do programa e a matrona Lidia Lestegás falará sobre o corpo da muller nas diferentes etapas.

23:50 h

NON LLE CHAMES AMOR: OURENSE

Presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, 'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa ten un tema principal e tres convidados que subirán á limusina do programa para contar as súas vivencias amorosas e sexuais e pasar un momento tremendamente divertido. A limusina de 'Non lle chames amor' colle hoxe rumbo a Ourense para conversar sobre o amor e o namoramento. Os protagonistas serán, entre outros, un xubilado que se declara moi activo sexualmente e unha parella de amigas dispostas a falar sen pelos na lingua.

00:00 h

01:05 h

GORKY PARK

Cando a policía de Moscova descobre tres cadáveres soterrados no parque Gorky da capital, Hurt, o oficial encargado da investigación, pretende chegar a fondo dun misterioso caso de asasinato.

03:05 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.12.2025

Presenta Raúl Quián.

03:45 h

PRATOS COMBINADOS: Lonxe de África

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:50 h

PRATOS COMBINADOS: Mal de amores

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: Un problema de conciencia

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 11.12.2025

div-crtvg-top2

Publicidade