div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 302

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A polémica arredor das balizas v16, obrigatorias a partir de xaneiro, e o funcionamento das cooperativas de vivendas, entre os temas que se tratarán hoxe en 'O Termómetro'.

09:00 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1167

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 06.12.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1752

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3304

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, convidada no ‘Zigzag’, que tamén se achega á figura do actor Luís Barboo, á estrea da peza ‘Manual de patronaxe’ e ofrece o sinxelo 'De paseo en Portugal', adianto do novo disco de Familia Caamagno.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 6

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:20 h

INIMITABLES: Os cacharreiros de Niñodaguia

A TVG únese hoxe á gran celebración da olaría tradicional de Niñodaguia cun ‘Inimitables’ que contará con algúns dos mellores grupos do actual panorama musical galego. Os espectadores gozarán da festa, pero tamén coñecerán algúns dos segredos dos cacharreiros e que fan os veciños desta aldea ourensá para defender o oficio.

12:55 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA II 74

Concurso. Álvaro, natural da Coruña; David, de Portonovo, e Sonia, do Rosal, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 06.12.2025

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.12.2025

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.12.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

NO FOCO: NO FOCO 06.12.2025

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.12.2025

15:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 887

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

17:05 h

GALICIA BONITA: Tomiño

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'. O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca.

18:15 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 14

En canto soa o teléfono, Inda e Julio soben á furgoneta e acoden á chamada dos seus clientes, sen saber que aventura lles espera. E a desta semana promete porque os anfitrións pisan forte, viven segundo as súas propias normas e saben como montar unha festa. Pero esta reforma estará chea de incidentes que poñerán en risco o resultado final. En canto soa o teléfono, Inda e Julio soben á furgoneta e acoden á chamada dos seus clientes, sen saber que aventura lles espera. E a desta semana promete porque os anfitrións pisan forte, viven segundo as súas propias normas e saben como montar unha festa. Pero esta reforma estará chea de incidentes que poñerán en risco o resultado final.

19:45 h

GRANDES CACHADAS: A túa mellor versión

O 'Grandes cachadas' de hoxe vai na procura da mellor versión entre un repertorio moi variado de grandes éxitos. Escoitaranse cancións emblemáticas da música galega e tradicional, os temas máis populares de fóra da nosa terra e versións abraiantes interpretadas por artistas inesperados.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 06.12.2025

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 06.12.2025

21:55 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 79

Comezan as emocións fortes na 'Liga dos cantantes extraodinarios'. Carlos e Lucía afianzan a súa posición, despois de conseguir ambos a máxima puntuación do xurado a semana pasada. Finalmente, Carlos resultou vencedor do programa anterior. Os padriños rendéronlle unha homenaxe a Javier Saavedra polos seus 40 anos na Orquestra Los Satélites. Houbo moitas emocións e choros por parte dos membros da orquesta.

22:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 79

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Os padriños de 'A liga dos cantantes extraordinarios' réndenlle hoxe homenaxe a Javier Saavedra polos seus 40 anos na orquestra Los Satélites. Mellorar a colocación da voz, traballar a dicción e controlar a presión serán os ‘deberes’ que o xurado lles porá a algúns dos concursantes.

00:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 887

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

01:35 h

A QUEN AMA GILBERT GRAPE?

Gilbert Grape é un mozo que vive nunha pequena vila dos Estados Unidos. Mentres coida da súa nai con obesidade mórbida e do seu irmán Arnie, que ten discapacidade intelectual, Gilbert leva unha vida marcada pola rutina e o sacrificio. Porén, todo cambia coa chegada de Becky, unha moza libre e curiosa que lle amosa que outra vida é posible.

03:40 h

PRATOS COMBINADOS: Póker de ases

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Antón terá problemas polas súas débedas no xogo. Para saír do apuro, recorrerá a Miro para que lle solucione o tema fronte aos mafiosos que o acosan.

04:10 h

PRATOS COMBINADOS: Que tal andas da memoria?

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:40 h

PRATOS COMBINADOS: Heroe por accidente

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira, por casualidade e "asesorado" polo seu cuñado Antón, convértese no heroe do barrio.

05:10 h

PRATOS COMBINADOS: Camareiro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:15 h

PRATOS COMBINADOS: Antón busca traballo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:35 h

PRATOS COMBINADOS: Miss Bar Suízo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:00 h

PRATOS COMBINADOS: A intoxicación

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:30 h

PRATOS COMBINADOS: Negocio subterráneo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

div-crtvg-top2

Publicidade