TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.12.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.12.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 02.12.2025
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 17
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy presenta unha sesión empregando o 'fitball', tamén coñecido como pelota de ioga. Anxo, Noemí, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 300
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' seguirá hoxe moi pendente das novidades da peste porcina e coñecerá como viven os veciños de Vigo que residen en zonas inundables.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.12.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.12.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.12.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.12.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1226
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 884
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.12.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.12.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 14
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O bispo de Mondoñedo, gran invitado do ‘Land Rober + Show’.
O HOME PERFECTO: O HOME PERFECTO 12
Emocionante historia de segundas oportunidades e enganos sentimentais. A serie segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor e que, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home. Guille leva dous anos no cárcere, pero non pensa quedar moito máis. Prepara unha entrevista cun podcast de éxito para cambiar a narrativa e poñer en dúbida todo o proceso. Se funciona, pode quedar libre, e se non, sempre lle queda o plan B.
O HOME PERFECTO: O HOME PERFECTO 13
Emocionante historia de segundas oportunidades e enganos sentimentais. A serie segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor e que, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home. Chega o xuízo contra Gille, que incendia as rúas, os medios e as redes. Dentro da sala, todo está en xogo. Neves sobe ao estrado disposta a manter a súa mentira, pero a defensa está preparada para destruíla. Nina loita por manter o caso en pé e Vicky, ao límite, busca un xeito de deter o home que acabou coa vida da súa nai. A declaración de Rebeca é clave. Guille móvese con seguridade, coma se todo fose segundo o previsto. Está convencido de que ela vai ceder á manipulación e á chantaxe.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 404
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1208
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.
PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.
PRATOS COMBINADOS: Tarde de touros
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina, Rosalía e Carme descobren o mundo dos touros. Esta nova afección das mulleres esperta poucas simpatías en Miro e Antón. Mentres o sector feminino crea unha ‘peña taurina’, os homes deciden fundar unha asociación para a defensa dos animais. Os conflitos non se farán esperar.
PRATOS COMBINADOS: Galaxia Alfa
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira vai alucinar unha noite, cando toda a familia volve da aldea, con estrañas luces no ceo, que o levan pensar nun posible OVNI. Obsesionado con esta visión, o propietario do Bar Suízo, comeza a mercar todo tipo de publicacións sobre extraterrestres e expedientes “X”, convencido como está de ser un contactado. O que non imaxina Miro é que o tío Antón e Paspallás están argallando unha broma que non sairá tan ben como eles esperaban.
PRATOS COMBINADOS: As vacacións de Balbina
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Os polos tolos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Un home serio e formal
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O rei da cociña
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O tío Benigno
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro bota a Antón do Bar Suízo logo dunha liorta por 'carota' e por 'gorrón'. Antón, desgustado polo trato, inventa unha enseñosa vinganza contra Miro e Balbina. Resulta que por eses días aparece no Bar Suízo un señor que di ser o tío Benigno, que marchara como emigrante a México, hai xa moitos anos e que, logo de facer unha inmensa fortuna, regresa para compartir coa familia que lle queda as súas riquezas.
PRATOS COMBINADOS: Os candidatos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina e Miro deciden presentarse, cada un pola súa conta, como candidatos a presidir a Asociación de Hosteleiros. Antón será, nesta ocasión, o asesor de Miro. Ambos candidatos teñen ideas moi diferentes sobre o que se debe facer na asociación, o que dará lugar a divertidos enredos e equívocos.