div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 11

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

07:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 5

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

07:10 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 298

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo interésase hoxe polo roubo dunhas cabras en Montesalgueiro, por incendios en palleiros de Sarreaus e polo comezo da matanza.

09:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1208

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1996

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 614

O Programa de Atención a Mulleres Vítimas de Violencia de Cáritas Diocesana de Lugo busca analizar, visibilizar e denunciar as situacións de violencia vividas pola muller na nosa sociedade. O servizo ofrece un espazo de acollida e un clima de confianza desde o que se lles brinda todo o apoio que precisan.

10:00 h

SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS XI 42 FOGAR E CLÍNICA SAN RAFAEL

10:45 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 30.11.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 76

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Os espectadores gozarán esta entrega co regreso ao programa de Ángel Mosquera, gañador da sexta edición do programa, e descubrirán a gran novidade desta temporada: o 'Duómetro.

11:15 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 76

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Os espectadores gozarán esta entrega co regreso ao programa de Ángel Mosquera, gañador da sexta edición do programa, e descubrirán a gran novidade desta temporada: o 'Duómetro.

12:55 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA II 73

Concurso. Sonia, natural do Rosal; Ramón, de Pantón, e Telmo, de Pontecesures, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.11.2025

Presenta Chus Tanoira.

14:20 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2025

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 30.11.2025

16:00 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.11.2025

16:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 882

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

17:15 h

GALICIA BONITA: Oza-Cesuras

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' ponse de novo en marcha para arranxar hoxe en Oza-Cesuras unha vivenda con construcións adxacentes en semirruínas. A familia propietaria da casa porá como única condición na reforma non esnaquizar a coidada leira que tanto traballo lles levou amañar.

17:25 h

GALICIA BONITA: Salceda de Caselas

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha seguidora incondicional do traballo de Rosa Facal recibe o equipo coa ilusión de transformar a súa vivenda e un pendello para a grella. Porén, a súa teima por defender a arquitecta e por poñer límites ás propostas de Litos provocará certas tensións no proceso dunha reforma que promete non deixar indiferente a ninguén.

18:40 h

GALICIA BONITA: Cuntis

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' sufrirá hoxe en Cuntis a desconfianza dunha propietaria que non aproba case ningunha das tarefas previstas para a súa vivenda. Mónica pretende arranxar a casa dos seus pais, na súa aldea de toda a vida, para poder vivir alí.

18:55 h

GALICIA BONITA: Castro de Rei

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. 'Galicia Bonita' chega hoxe a Castro de Rei para reformar unha vivenda compartida por dúas familias. As diferenzas entre as dúas parellas porán en risco o bo facer dos operarios dirixidos por Rosa Facal, quen deberá facer de xuíza de paz e manter o equilibrio.

20:05 h

ERA VISTO! A CHOUPANA: A cantareira

Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta.

20:10 h

PEZAS ERA VISTO: O chino

20:20 h

ERA VISTO! A CHOUPANA: Lino exiliado

Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta. En Lameiro expulsan a Lino por colaborar coa Choupana, e non pode volver á casa. O asunto supón un conflito diplomático entre os dous lugares.

20:25 h

ERA VISTO! A CHOUPANA: As máquinas da Choupana

Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta.

20:30 h

PEZAS ERA VISTO: A gripe

20:35 h

PEZAS ERA VISTO: DISCO PUB

20:35 h

ERA VISTO! A CHOUPANA: O pitiño bandido e a gatiña mimosa

Un dos grandes éxitos da comedia galega regresa cunha secuela con historias delirantes, personaxes novos e antigos e moita retranca. Kevin José colle a remuda do seu pai, Moncho, e trasládase a vila rival, á Choupana, onde intenta sentar cabeza e enfrontarse aos retos da vida adulta. Para animar un pouco a súa monótona vida sexual con Laura, Kevin maquina un plan infalible que, como era de esperar, acabou nun completo desastre.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.11.2025

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.11.2025

22:00 h

XENTE MARABILLOSA: XENTE MARABILLOSA 1

Nova temporada de 'Xente marabillosa', espazo presentado por Lucía Rodríguez, que volve co obxectivo de emocionar, inspirar e poñer en valor a capacidade das persoas anónimas para contribuír a crear unha sociedade máis amable e inclusiva. Hoxe estará centrado no maltrato ás persoas maiores, coa presenza como convidado do xornalista Pedro Piqueras.

23:20 h

XENTE MARABILLOSA: XENTE MARABILLOSA 2

Nova temporada de 'Xente marabillosa', espazo presentado por Lucía Rodríguez, que volve co obxectivo de emocionar, inspirar e poñer en valor a capacidade das persoas anónimas para contribuír a crear unha sociedade máis amable e inclusiva.

00:15 h

EN XOGO: EN XOGO 782

Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

01:25 h

OS GARDIÁNS DO MAR: OS GARDIÁNS DO MAR 4

A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. ‘Os gardiáns do mar' será esta semana testemuña de como se loita contra o narcotráfico por mar e aire. Ademais, o programa asistirá a un rescate de salvamento do Elmer 401 e a un operativo dos submarinistas da Garda Civil para buscar explosivos no porto da Coruña.

02:20 h

LUAR: LUAR 1461

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Semen-Up, Amoebo e Trisha Fernández con Wanila, protagonistas dun 'Luar' dedicado ás compras inútiles. Gayoso e Aitana del Mar propoñen un programa atrevido, co regreso do grupo vigués aos escenarios, con novas voces urbanas e o avance de fase en ‘Recantos’.

04:55 h

PRATOS COMBINADOS: América, América

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fillo de Miro e Balbina séntese moi ilusionado polo intercambio que prepara o seu instituto cun colexio dos Estados Unido,s pero o certo é que as posibilidades de viaxar ao outro lado do océano son escasas debido ás dificultades económicas da familia Pereira. O tío Antón, coma sempre, intenta achegar as solucións que ten ao seu alcance, pero todos os enredos que pon en marcha non fan máis que empeorar as cousas.

05:25 h

PRATOS COMBINADOS: Escola de sedutores

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O entrañable e ocorrente Paspallás, que tolea por unha rapaza, vaille pedir consellos ao tío Antón para que lle revele algúns dos seus segredos sobre como conquistar unha muller. Antón dáse por moi entendido na materia, pero un cúmulo de despropósitos vainos levar a unha situación ridícula.

05:55 h

PRATOS COMBINADOS: Unha nova estrela

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O local familiar ten que pechar como consecuencia dunha inspección municipal. Con todo, o sempre ocorrente tío Antón vai saber converter esta desgraza nunha oportunidade para facer un bo negocio. Un produtor televisivo, interpretado polo coñecido actor Manuel Manquiña, alugará o local para rodar un anuncio, feito do que Rosalía sacará bo partido ao revelarse como unha auténtica estrela do espectáculo.

06:20 h

PRATOS COMBINADOS: Ola, Melanie

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miguel regresa dos Estados Unidos, onde realizou un curso de inglés, e chega acompañado dunha rapaza americana que coñeceu durante a súa estancia no estranxeiro. O contraste de costumes dará lugar a algunhas situacións cómicas, ao tempo que Miguel descobre xunto a Melanie o amor.

06:50 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 30.11.2025

div-crtvg-top2

Publicidade