TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.11.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 15
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 298
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo interésase hoxe polo roubo dunhas cabras en Montesalgueiro, por incendios en palleiros de Sarreaus e polo comezo da matanza.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 28.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.11.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1224
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 880
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.11.2025
LUAR: LUAR 1461
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Semen-Up, Amoebo e Trisha Fernández con Wanila, protagoonistas dun 'Luar' dedicado ás compras inútiles. Gayoso e Aitana del Mar propoñen un programa atrevido, co regreso do grupo vigués aos escenarios, con novas voces urbanas e o avance de fase en ‘Recantos’.
UNHA VOLTA CON MADELEINE
Madeleine está enferma e xa ten moitos anos, así que non pode seguir vivindo soa. Marcha da súa casa e vai para unha residencia de anciáns, que está ao outro lado de París. Charles é taxista e vaina buscar para levala á residencia. Ela pídelle que antes pase por varios sitios da cidade que lle marcaron a vida. Durante a viaxe hai confidencias, confesións etc. Acabará sendo un percorrido moi importante para Madeleine, pero tamén para Charles.
PRATOS COMBINADOS: A guerra das hamburguesas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina soña con ter un día un pequeno restaurante onde demostrar as súas artes culinarias, lonxe dos clientes apresurados e convencionais do Bar Suízo. Sabedora de que non é doado plantexarlle o asunto a Miro e para tentear se o seu home está disposto a mudar de aires, Balbina inventa unha falsa oferta: unha cadea de hamburgueserías inexistente está disposta a mercar o bar.
PRATOS COMBINADOS: En brazos de Morfeo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo están ocorrendo misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixiancia á que someten a cociña todos os membros da familia Pereira, as desaparicións seguen a producirse. A situación agrávase cando o imprevisible ladrón leva a quiniela que fixeran entre Balbina, Antón e Paspallás, xa que está premiada con trece acertos.
PRATOS COMBINADOS: Amnesia
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío argumental xira arredor dunha perigosa perda de memoria sufrida por Antón. Un golpe fortuíto na cabeza, provocado por un descoido de Miro, produce amnesia no cuñado de Miro. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre. Pero cando gasta a recadación do bar en mercar rifas para a viaxe de fin de curso de Migueliño, comezan a ver o asunto con outros ollos.
PRATOS COMBINADOS: Noite de rock
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un famoso grupo, situado nos postos máis altos das listaxes de vendas, actúa na cidade e a casualidade quere que entren no Bar Suízo. Rosalía sente unha especial atracción polos músicos, pero sabe que tales amizades nunca serán ben vistas polo seu pai. As mentiras de Rosalía crean unha situación chea de equívocos, que farán descubrir un Miro máis disposto ca nunca.
PRATOS COMBINADOS: Dillo con flores
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro terá que aguantar a ‘presión’ da sospeita de infidelidade por parte da súa dona Balbina. Balbina está desgustada, xa que Miro esqueceu felicitala no seu aniversario. Pero o seu home, ‘asesorado’ por Antón e Paspallás, comeza a pensar que Balbina ten un amante. Un ramo de rosas que debía ser o primeiro paso da reconciliación acaba nas mans equivocadas e complica aínda máis a situación, provocando o desencontro de Fran e Rosalía.
PRATOS COMBINADOS: Bolero
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A audiencia volverá atopar un Miro Pereira emprendedor, decidido e disposto a que o Bar Suízo sexa o de máis clientela da cidade. Deste xeito, ao comprobar como algúns bares da competencia están a facer un gran negocio coas actuacións musicais, e despois dun concienzudo ‘asesoramento’ por parte do tío Antón, Miro decide buscar un cantante que sirva como reclamo para a clientela. Así, pois, disponse a escoitar varios candidatos e, finalmente, deciden contratar a Silvana das Mirindas, famosa intérprete de boleros, para que anime o bar durante as noites das fins de semana.
PRATOS COMBINADOS: Un superdotado na familia
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Unha charla co psicólogo do instituto ao que asiste Migueliño fai pensar a Miro que o seu fillo é un superdotado. Migueliño reúne en primeira instancia algunhas das condicións típicas destes nenos: despistado, preguiceiro, desordenado e abúrrese soberanamente en cada clase á que ten que asistir. Cando o tío Antón aparece na casa dos Pereira cun abraiante agasallo, un potente ordenador cunha chea de programas didácticos, o bo de Migueliño aproveitase da providencial axuda para se facer pasar por un auténtico superdotado.
PRATOS COMBINADOS: Miña naiciña querida
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os ‘reality-shows’ irrompen con forza no Bar Suízo, xa que unha confusión fai pensar a Miro que a súa nai non é a súa verdadeira proxenitora. Ante esta situación, decide poñerse en contacto cun programa de televisión especializado nestes casos para procurar a súa auténtica nai. O seu chamamento é recollido por un estafador, interpretado por Sancho Gracia, que intentará obter proveito da incredulidade de Miro Pereira, facéndose pasar por irmán seu.
PRATOS COMBINADOS: Os fumes de Antón
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O protagonista será Antón, que anda namorado dunha rapaza amante da vida sa e deportiva. Por ela deixará de fumar, utilizando para iso todos os métodos coñecidos, como acupuntura ou os parches de nicotina e mesmo algún aínda sen experimentar. Miro, Balbina, Paspallás e o pintoresco personaxe interpretado por Manuel Pombal, asistirán divertidos aos intentos de Antón por romper co tabaco e cos seus fumes.
PRATOS COMBINADOS: A vinganza da avoa
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. De novo, haberá máis quebracabezas para Miro Pereira, xa que terá que facer gala da súa ‘man dereita’ para arranxar un problema familiar provocado pola súa nai, dona Carme. A historia principia cando os celos empezan a atacar a avoa, por mor das viaxes que fan as súas amigas e que ela non pode facer. Deste xeito, dona Carme pensa que o seu fillo non a trata como é debido e argalla unha pequena historia para chamar a atención e, de paso, conseguir que a traten como unha raíña.
PRATOS COMBINADOS: Alta cociña
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os clientes do Bar Suízo poderán degustar os exquisitos pratos de Paco, un parente da familia Pereira que reside en Suíza, onde acadou un notable éxito como chef dun restaurante de luxo, e que vén pasar uns días de vacacións coa súa familia. Antón, brillante asesor de Miro, terá a idea de aproveitar a presenza do chef para organizar unha ‘Semana da Alta Cociña’ no Bar Suízo. A idea, malia que procede de Antón, semella prometedora, pero os resultados non serán os agardados.