TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 27.11.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 27.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 14
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propuxo unha sesión de cardio e forza na que combinaremos exercicios con halteres e outros na esteira. Anxo, Noemí, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 297
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os convidados de ‘O termómetro' analizan a incidencia da gripe en Galicia, a suba do menú do día e o control da gripe aviaria, entre outros temas de actualidade.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 27.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 27.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 27.11.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1223
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 879
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 27.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 27.11.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 12
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa sobe hoxe a temperatura coa visita de Eva Iglesias e María Mera, presentadoras de ‘Malas pécoras’.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 1
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. A psicóloga e sexóloga Vanessa Rodríguez e Boris Izaguirre serán os primeiros convidados do programa.
NON LLE CHAMES AMOR: FOZ
Presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, 'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa ten un tema principal e tres convidados que subirán á limusina do programa para contar as súas vivencias amorosas e sexuais e pasar un momento tremendamente divertido.
ERA VISTO!: Paixón express/ San Cosme/ O casting
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
DEEPWATER HORIZON
Durante as probas previas ó inicio das operacións de perforación nunha plataforma petroleira, prodúcese un accidente. Os equipos da instalación intentan retomar o control da plataforma e evitar a catástrofe, pero non dan sorteado o caos. Esta película de 2016, protagonizada por Mark Wahlberg, Kurt Rusell e John Malkovich, está baseada nos feitos reais ocorridos en abril de 2010 no Golfo de México.
MAREA NEGRA
Durante as probas previas ó inicio das operacións de perforación nunha plataforma petroleira, prodúcese un accidente. Os equipos da instalación intentan retomar o control da plataforma e evitar a catástrofe, pero non dan sorteado o caos. Esta película de 2016, protagonizada por Mark Wahlberg, Kurt Rusell e John Malkovich, está baseada nos feitos reais ocorridos en abril de 2010 no Golfo de México.
MÁIS GALEGO: Nigrán
MÁIS GALEGO: Padrón
PRATOS COMBINADOS: Recoñecemento médico
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro deberá afrontar o seu medo a ir ao médico por unha dor de estómago.
MÁIS GALEGO: Baiona
PRATOS COMBINADOS: Rebaixas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un coñecido cantante vai actuar na cidade e a avoa Carme anuncia que un amigo seu, que agora se dedica ás artes, iría a recollela para darlle unha sorpresa.
PRATOS COMBINADOS: Altas finanzas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro e Balbina deciden utilizar algúns dos seus aforros en facer unha reforma no bar, pero Antón convence a Miro de que é un bo momento para investir na Bolsa e coloca os aforros do seu cuñado nunha operación bursátil catastrófica, sen dicirlle nada a Balbina.
MÁIS GALEGO: Praia Concheira
PRATOS COMBINADOS: Candidato Miro
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O dono do bar entra con forza na loita política por ocupar a presidencia da asociación de veciños. Para presentarse contará coa inestimable colaboración do seu cuñado, Antón, co que leva a cabo unha impresionante campaña electoral en que non faltarán nin os subornos nin as chantaxes, chegando incluso á manipulación dunha urna.
MÁIS GALEGO: Pontevedra
PRATOS COMBINADOS: Animaliños
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío conductor será o declarado amor de Migueliño, fillo do matrimonio Pereira, a todos os animais... irracionais. Deste xeito, o benxamín da familia atopa na rúa un gato abandonad, e decide levalo para a casa, malia que é consciente de que o terá que agochar, porque os seus pais non lle darán permiso para telo na casa. Esta inofensiva manobra de Migueliño para ofrecerlle un fogar ao gato non será máis que a primeira espoleta que desencadee unha serie de divertidas situacións e de malentendidos.
MÁIS GALEGO: Pontevedra II
PRATOS COMBINADOS: Festa de cumpreanos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Migueliño chega á conclusión de que xa é hora de encargarse dos seus propios asuntos, para non ser tratado como un neno toda a vida. Por iso, convence os seus pais para que lle deixen organizar a súa festa de aniversario e, a maiores, contará coa ‘axuda’ do tío Antón.
MÁIS GALEGO: Sanxenxo I
PRATOS COMBINADOS: Andar ás troitas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A trama xira arredor da pesca furtiva, xa que Miro non pode resistir a tentación de ir ás troitas, competindo con Paspallás e Antón. A súa presunción provoca, por unha banda, a ‘envexa’ dos seus competidores e, pola outra, a acusación do seu fillo Migueliño que, como bo ecoloxista e amante da natureza, non pode consentir as prácticas furtivas do seu pai.
MÁIS GALEGO: Pontevedra
PRATOS COMBINADOS: Derbi galego
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Xira arredor da transmisión televisiva do derbi futbolístico Celta-Dépor e das intencións de Miro Pereira de que o Bar Suízo sexa visitado por moitos afeccionados para ver o partido. Pero unha inoportuna e complicada avaría do receptor de televisión pon en perigo os plans de Miro, sobre todo, cando os intentos de Antón e Paspallás por arranxar o aparato non fan máis que empeorar as cousas.
MÁIS GALEGO: Sanxenxo
PRATOS COMBINADOS: En brazos de Morfeo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo están ocorrendo misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixiancia á que someten a cociña todos os membros da familia Pereira, as desaparicións seguen a producirse. A situación agrávase cando o imprevisible ladrón leva a quiniela que fixeran entre Balbina, Antón e Paspallás, xa que está premiada con trece acertos.