TVG - CSAG
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 6
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 293
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine ‘O Termómetro’ advirte hoxe do risco de calotes no Nadal, fala da paga extra dos pensionistas e vai ao encontro de Depol á súa chegada a Galicia.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1995
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 613
A Diocese de Ourense celebra o Día da Igrexa Diocesana, unha xornada para dar grazas e compartir o camiño que percorren xuntos como pobo de Deus. É tamén o momento de presentar a memoria pastoral e económica da Diocese, un testemuño da vida que se constrúe grazas ao compromiso de sacerdotes, relixiosos e fieis laicos.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 451
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 23.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1207
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 89
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
A LIGA DAS FAMILIAS EXTRAORDINARIAS: A LIGA DAS FAMILIAS EXTRAORDINARIAS VI 75
Chega unha vez máis á Televisión de Galicia o programa especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias’, en que os oito concursantes da pasada edición de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ subirán hoxe ao escenario cuns acompañantes do máis particular: avós, pais, irmáns, curmáns, todos eles unidos pola música e pola familia.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 23.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.11.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.11.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 23.11.2025
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.11.2025
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 214
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra’ fala esta semana de arte floral e de deporte na aldea.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 187
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos pés na terra' monta hoxe a cabalo e asiste a clases de artesanía. Ademais, o programa coñecerá a pequena industria de cociñado e envasado de grelos de Luz.
SEN CÓDIGO POSTAL 2.0: SEN CÓDIGO POSTAL 2.0 3
Víctor Fábregas, o carteiro da Galega, chega en bicicleta cunha carta para un veciño que se converterá en embaixador da súa vila. Nesta nova temporada, está acompañada da comunicadora e creadora de contido Anita Mateu, que se encargará de buscar o máis mediático nas vilas visitadas. Víctor Fábregas e Anita Mateu gozan hoxe en ‘Sen código postal 2.0’ das praias do concello de Miño.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 715
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 875
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.11.2025
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 23.11.2025
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 2
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O incendio nunha cociña, entre as situacións en que intervirá hoxe a Policía Local en 'Código 092: en primeira liña'. Os axentes terán que actuar tamén nun conflito veciñal por mor duns gatos e ante uns mozos que botan lixo no monte.
EN XOGO: EN XOGO 781
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo. O equipo de ‘En xogo’ centrarase hoxe nos resumos do Alavés-Celta, disputado en Mendizorroza, e do Deportivo-Ceuta, desenvolvido en Riazor.
OS GARDIÁNS DO MAR: Inspección a embarcacións pesqueiras
A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Acompaña esta semana o servizo marítimo da Garda Civil na patrulleira Río Xallas, que realiza inspeccións a embarcacións pesqueiras. Durante a xornada, o equipo do programa presenciará rescates emocionantes e simulacros de contención de verteduras.
LUAR: LUAR 1460
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Edición especial de apoio a UNICEF, esta noite nun 'Luar' que afronta a primeira expulsión de 'Recantos' e conta coa música de Depol. Gayoso e Aitana del Mar chamarán á solidariedade da audiencia durante esta Semana coa Infancia, nunha gala que tamén conta con Los Coleguitas, a Banda do Elías, o Folión Xograres de Lemos e o humor de Lalo Penelas.