TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 21.11.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 21.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 10
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy presenta unha sesión empregando o 'fitball', tamén coñecido como pelota de ioga. Anxo, Noemí, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 293
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine ‘O Termómetro’ advirte hoxe do risco de calotes no Nadal, fala da paga extra dos pensionistas e vai ao encontro de Depol á súa chegada a Galicia.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 21.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 21.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.11.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1219
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 873
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 21.11.2025
LUAR: LUAR 1460
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Edición especial de apoio a UNICEF, esta noite nun 'Luar' que afronta a primeira expulsión de 'Recantos' e conta coa música de Depol. Gayoso e Aitana del Mar chamarán á solidariedade da audiencia durante esta Semana coa Infancia, nunha gala que tamén conta con Los Coleguitas, a Banda do Elías, o Folión Xograres de Lemos e o humor de Lalo Penelas.
UNHA HERDANZA REVIRADA
Nesta traxicomedia, Leif recibe en herdanza a cabana de súa nai falecida, pero antes debe completar unha lista de tarefas que ela lle deixou gravadas en vídeo. É unha viaxe de autodescubrimento onde Leif se reconcilia co seu pasado e aprende leccións moi valiosas sobre o amor e o perdón.
HERDANZA REVIRADA, UNHA
Nesta traxicomedia, Leif recibe en herdanza a cabana de súa nai falecida, pero antes debe completar unha lista de tarefas que ela lle deixou gravadas en vídeo. É unha viaxe de autodescubrimento onde Leif se reconcilia co seu pasado e aprende leccións moi valiosas sobre o amor e o perdón.