TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 20.11.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 20.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe entrevistas con Rogelio Martínez González, director de Xantar, 26 Salón Internacional de Turismo Gastronómico; José Balsa, de Recambios Balsa; María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 9
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, presenta unha sesión utilizando gomas elásticas nun adestramento intenso. Anxo, Noemí, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 292
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Atento á chegada das primeiras folerpas, ‘O termómetro’ explica hoxe como mellorar a eficacia calorífica nas casas, asi como a prevención e tratamento das frieiras.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 20.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 20.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.11.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1218
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 872
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 20.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 20.11.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 8
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O ‘Land Rober’ afronta un programa de altos voos cunha convidada que debullará os segredos da aeronáutica. Antes diso, Pepe e Lucas mostrarán o resultado da semana de traballo que levaron a cabo con Pili Pampín. Como colaboradora estará Ana Ageitos, filla de Tonhito de Poi.
ERA VISTO! A CHOUPANA: A IA
Kevin descobre a intelixencia artificial e acaba enganchado á aplicación que ten instalada no móbil, pero non tarda en desilusionarse cando se fai evidente que a IA non é capaz de dar resposta ás dúbidas máis elementais dos habitantes da Choupana.
ERA VISTO! A CHOUPANA: Monster Quad
O 'Monster Quad', o máis grande espectáculo do mundo do motor, chega a Galicia. Poderá Kevin asistir a un evento co que leva soñando toda a vida? Podería ser. Ou non, depende dos moitos obstáculos que atope no camiño.
ERA VISTO! A CHOUPANA: A Copa
Vaise celebrar a fase final do campionato de fútbol da zona e na a Choupana ninguén está interesado en participar. Todo cambia cando saben que Lameiro quere optar a organizala e Kevin vese no medio dun conflito entre localidades.
ERA VISTO!: Café con cornos/ A voda do meu mellor amigo/ Parque eólico/ O aniversario
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

ERA VISTO!: O muro/ Elvira compoñedora/ Kevin antisistema
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
ERA VISTO!: O nicho/ Un Kevin diferente/ O nudista
Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.
GENTLEMEN, THE: OS SEÑORES DA MAFIA
Michael Pearson é un expatriado home de negocios que triunfou en Londres grazas ao tráfico de drogas. Agora quere vender o seu imperio valorado en miles de millóns, pero os seus clientes non llo poñerán fácil. Os atrancos desencadean diferentes tramas en que se implican organizacións rusas, a mafia chinesa e mesmo un xornalista que se converte en chantaxista. Unha serie de subornos e extorsións co fin de roubarlle todo o seu imperio.
THE GENTLEMEN: OS SEÑORES DA MAFIA
Michael Pearson é un expatriado home de negocios que triunfou en Londres grazas ao tráfico de drogas. Agora quere vender o seu imperio valorado en milleiros de millóns, pero os seus clientes non llo poñerán fácil. Os atrancos desencadean diferentes tramas en que se implican organizacións rusas, a mafia chinesa e mesmo un xornalista que se converte en chantaxista. Unha serie de subornos e extorsións co fin de roubarlle todo o seu imperio.