TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 17.11.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 17.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Dentro da campaña ‘Acéndete polos dereitos da Infancia’ de UNICEF, no marco das #AcciónsG de Responsabilidade Social Corporativa dos medios públicos galegos, o 'Bos días' inclúe hoxe unha entrevista a María Montalvo, presidenta de UNICEF Galicia.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 6
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión centrada no traballo do “core”, é dicir, toda a zona central do corpo, fundamental para manter a estabilidade e o control postural. Anxo, Noemi, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina completa e esixente. Nos confesionarios, comparten as súas sensacións e impresións sobre os exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 289
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine analiza hoxe a crise da vivenda, a expansión das velutinas e os problemas nas depuradoras.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 17.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 17.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 17.11.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1215
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 869
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 17.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 17.11.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 5
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa de entretemento ‘Land Rober + Show’ ponlle hoxe humor á xustiza. O convidado resolverá dúbidas sobre asuntos de dereito e participará nun sketch do programa, que esta edición conta con Dani Fernández como colaborador.
A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO: A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO 2
Un famoso de fóra mergullarase na nosa cultura da man doutro coñecido anfitrión. Hoxe no programa continúa a aventura de Eva Iglesias e Bertín Osborne polo Salnés. Tres novas experiencias, relacionadas coa música tradicional, o cultivo dos mexillóns nas bateas e a gastronomía galega, determinarán o éxito do reto de galeguizar o cantante andaluz.
A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Marián Mouriño - X.A. Touriñán. Vigo.
Presentado por Noelia Rey, este programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. A presidenta do Celta, Marián Mouriño, ensínalle hoxe 'A miña gran cidade' a Touriñán, un deportista de corazón. O actor e cómico decidirá se queda en Vigo ou colle o billete de volta despois de visitar a cidade deportiva, o estadio e a sede do equipo celeste.
FIDALGO DOS MARES, O
No ano 1807, en plena invasión napoleónica de España, Inglaterra está en guerra con Francia e España. O capitán Horatio Hornblower navega co buque Lydia por augas do Pacífico, en misión secreta. Debe entregar armas e artillaría pesada a Alvarado, un tolo maníaco que planea traizoar a España e atacar as colonias españolas en Centroamérica. Hornblower pon en mans de Alvarado o 'Natividad', buque insignia español por el capturado, co que o traidor se dirixe a atacar as colonias. Cando un capitán español o informa da nova alianza entre Inglaterra e España para loitar contra Napoleón, Hornblower parte á caza do 'Natividad'.