TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.11.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 11.11.2025
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 2
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy preparou unha sesión centrada no adestramento de pernas, glúteos e ombreiros. Anxo, Noemi, Silvia e Estrella acompañarano nesta rutina intensa, e nos confesionarios falarán moito das maniotas, entre risas e experiencias compartidas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 285
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' celebrará o San Martiño cos veciños de Nogueira de Ramuín, e irá ata a Sociedade Cabalar da Estrada para ver como lles afectan as medidas que prohíben a concentración de animais pola dermatose nodular.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.11.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1211
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 864
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.11.2025
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 2
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un vello coñecido do programa e un dos personaxes máis queridos de toda a súa historia, convidados no ‘Land Rober + Show', que hoxe ofrece a segunda emisión desta nova etapa.
O HOME PERFECTO: O HOME PERFECTO 7
Emocionante historia de segundas oportunidades e enganos sentimentais. A serie segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor e que, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home. Vicky comeza a tirar do fío e a achegarse á verdadeira identidade de Guille, esta noite, en 'O home perfecto'. Berto tamén sospeita de Gus e comeza a controlalo e a intimidalo, pero el contraataca onde máis doe: facendo que Nina descubra que leva meses sen traballo e mentíndolle.
O HOME PERFECTO: A maior das forzas
Emocionante historia de segundas oportunidades e enganos sentimentais. A serie segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor e que, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 401
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.