TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 282
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' coñecerá hoxe a realidade moitos patróns de pesca que poñen en venda os seus pequenos barcos e buscan outras alternativas. O programa analizará tamén os estragos do primeiro temporal do outono e os casos de bullying en Galicia e dunha falsa médica en Lugo e A Coruña.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1163
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 08.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1748
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
GALICIA BONITA: Moraña
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’.
SALA G: Avós contra netos
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A ‘Sala G' escolle hoxe a mellor xeración de Galicia nun enfrontamento de avós contra netos. O programa conta coa participación dos cantantes Ortiga e Shaila Dúrcal.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 08.11.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.11.2025
Presenta David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.11.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 08.11.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.11.2025
LUÍS ZAHERA, O HOME MÁIS BUSCADO
ESPECIAL: We Love Touriñán
Nesta entrega de ‘We love Touriñán’, especial de humor en que os espectadores poderán escoller entre os personaxes máis divertidos interpretados por Xosé Antonio Touriñán ao seu paso pola Televisión de Galicia, amosará algunhas das interpretacións que máis gargalladas orixinaron, como o Gorrilla, João Simões, Camariñas, Manolo e Ricardo, entre outros moitos.
O GRAN DÍA DE...: O gran día dos mortos
Televisión de Galicia propón en ‘O gran día dos mortos’ unha viaxe única polo Día de Todos os Santos, un programa especial que combina a emoción das tradicións relixiosas coa maxia, o misterio e o humor do Samaín. Monterroso, Ribadavia, Allariz, Ons e Esgos protagonizan un programa que percorre a Galicia máis relixiosa e máis pagá, coa participación de dous dos Mozos de Arousa e as reporteiras Fátima Mella, Laura Vecino, Marta Coira e Adela Bértolo.
O GRAN DÍA DE...: O GRAN DÍA DE...2
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 711
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 861
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 08.11.2025
Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 08.11.2025
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DAS FAMILIAS EXTRAORDINARIAS VI 75
Chega un ano máis a 'Liga das familias extraordinarias', en que os oito concursantes da pasada edición soben ao escenario cuns acompañantes do máis particular. Avós, pais, irmáns, curmáns, todos eles unidos pola música e pola familia. E non só os concursantes teñen tan bo acompañamento, tamén os padriños e os membros do xurado veñen con xente moi especial. Por exemplo, Antón Reixa presume de filla e de neta, María Mera canta coas dúas fillas e, como vén sendo tradición, a familia Romero está de novo ao completo na gala máis especial de 'A liga dos cantantes extraordinarios'.
A LIGA DAS FAMILIAS EXTRAORDINARIAS: A LIGA DAS FAMILIAS EXTRAORDINARIAS VI 75
Chega unha vez máis á Televisión de Galicia o programa especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias’, en que os oito concursantes da pasada edición de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ subirán esta noite ao escenario cuns acompañantes do máis particular: avós, pais, irmáns, curmáns, todos eles unidos pola música e pola familia.
CASAMOS!: Lula e Juan
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. No seu vixésimo aniversario de voda, Lula e Juan, dous arxentinos que comezaron unha nova vida en Galicia, renovan hoxe os seus votos en 'Casamos!'. Rodeados do agarimo dos seus amigos e seres queridos, celebran no só o amor, senón tamén a unidade da familia.
A FAMILIA
Carlo, un profesor de lingua, narra a súa propia vida desde o mesmo día do seu bautizo. Sen saír da casa, abránguese unha vida familiar propia da burguesía romana do século XX ao longo de varias xeracións, presentándose os diferentes integrantes (o avó, os pais, tres inseparables tías solteiras, o irmán, a criada namorada do irmán...) que configuran un mundo de historias a través do retrato da familia.
MÁIS GALEGO: Viveiro
O programa percorre Galicia de punta a punta, recalando cada semana nunha comarca distinta. O punto de partida en cada localidade é a praza da vila , onde o equipo do programa vai na procura dos concursantes de cada edición, veciños da vila que deberán ser convencidos para participar. Estes son abordados na súa casa, no seu traballo e mesmo nos seus momentos de ocio.
MÁIS GALEGO: Betanzos
NO FOCO: NO FOCO 08.11.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.