TVG - CSAG
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 857
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.11.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 05.11.2025
ESTACHE BO!: Xarda con mexillóns en salsa verde
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 281
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Ás portas da campaña de Nadal, ‘O termómetro' fala hoxe do prezo do turrón, da candidatura da Guarda para ser iluminada e das zonas galegas máis inundables.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.11.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.11.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 83
Os seis mil euros do bote seguen agardando por algún equipo que dea coa combinación correcta e consiga abrir a caixa forte. Hoxe vano intentar de novo Os da Sariña (Budiño, Pepa e Suso), Os Koruños (Ali, Brais e Ro) e A Trinca (Lore, Silvia e Sonia). O equipo que chegue á final ten a opción de abrir a caixa, aínda que se non atina coa combinación quédalle o consolo de levar os 225 euros do premio do día.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1207
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 858
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.11.2025
GALICIA BONITA: Moraña
Rosa e os seus viaxan a Moraña, onde atopan unha fermosa casa de pedra desfeita polas diferentes ampliacións da familia propietaria. Uns accesos insuficientes e algunha baixa inesperada poñen contra as cordas a arquitecta, obrigada a persuadir os seus colaboradores para poder saír adiante.
GALICIA BONITA: Tomiño
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'. O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca.

ADEUS, SEÑOR HAFFMANN
François Mercier é un home corrente que aspira unicamente a formar unha familia coa súa muller Blanche. Traballa para un xoieiro xudeu, o señor Haffmann. Pero a causa da ocupación alemá de París, os dous homes chegarán a un acordo que, co paso dos meses, terá unhas consecuencias que alterará as vidas dos tres.
GALEGOS NO MUNDO: Tánxer
En Tánxer o espazo da TVG coñecerá a Miguel Romero, de Narón, que se viu obrigado pola crise a deixar Galicia e a buscar oportunidades de negocio fóra. Con el o equipo do programa visitará a espectacular zona do Cabo Espartel e dará un paseo en camelo pola praia. Outros dos protagonistas desta noite serán a ourensá Ana Belén Caride, que leva tres anos en Marrocos, a onde foi co seu home a montar un taller de costura porque era máis competitivo; e Martín Castiñeiras, de Pontecesures, que dirixe unha empresa metalúrxica en Tánxer e que amosará a mestura do mundo árabe coa pegada que deixaron os españois durante o protectorado. “Galegos no Mundo” tamén estará hoxe co arcebispo de Tánxer desde hai sete anos, Santiago Agrelo, natural de Rianxo, a onde sempre regresa para oficiar unha misa o día da Guadalupe; e con Mari Carmen Couceiro, que chegou desde A Coruña por amor e que acabou vivindo en Tánxer, onde traballa no sector téxtil.
GALEGOS NO MUNDO: Düsseldorf
Düsseldorf é a capital do estado federado Renania do Norte-Westfalia, ten 593.393 habitantes e está atravesada polo río Rin. O programa visítaa hoxe con Andrés Búa, Xabier Fernández, Bernardo Carrasco, Iria Castro, Alfonso Sexto e Alicia Outón.
GALEGOS NO MUNDO: Vancouver
A cidade canadense de Vancouver conta con máis de 600.000 habitantes, e recibe o nome dun explorador que foi o que a fundou, George Vancouver.Visitámola con: Roberto García, Ghotchi Piñeiro, Daniel Ponte, Beatriz Pascual e Anaïs Martín.
GALEGOS NO MUNDO: Birmingham
Birmighan é a segunda cidade máis importante de Reino Unido, con máis de un millón de habitantes. 'Galegos no Mundo' visítaa hoxe con Paloma Trigás, Almudena León, David García, Tatiana Regueira e Ismael González.
GALEGOS NO MUNDO: Atenas
Atenas é a capital de Grecia e a cidade máis importante do país. Esta cidade é unha das máis antigas do mundo. Visitámola cos galegos: Mª José Martínez, Sara Moreno, Xaviel Bello, Teresa Infante e José Faro.