div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Pementos de Arnoia recheos de brandada

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

07:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 278

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. En tempo do Samaín, ‘O termómetro' busca os mellores disfraces, coñece o labor dunha sepultureira e fala da tradición de Defuntos e de Todos os Santos.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1992

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 610

En Cee celebrouse o 75 aniversario da proclamación do Dogma da Asunción da Virxe María. Entre os actos estivo e encontro mariano que reuniu advocacións de toda a Costa da Morte, desde a Virxe do Carmen de Fisterra ata a Virxe de Pastoriza de Arteixo, mostrando como se vive con intensidade a devoción mariana en cada comunidade.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 449

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 02.11.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3274

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O escritor porriñés Diego Giráldez presenta no 'ZigZag' a novela ‘As obras póstumas’, gañadora do XLIII Premio Blanco Amor de Novela.

11:30 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1204

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

12:05 h

PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 16

Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. O programa dá esta semana as claves para lidar cos choros dos bebés.

12:20 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 7

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. ‘Bailamos celebrity’ entra en semifinais con seis bailaríns dispostos a brillar no escenario. Os concursantes elixen as súas cancións favoritas para coreografías que prometen emoción, intensidade e espectáculo.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 02.11.2025

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.11.2025

Presenta David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.11.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.11.2025

15:40 h

LUAR: LUAR 1456

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A fusión entre pop e folclore de Juan Bona encherá esta noite o escenario de 'Luar'. Tamén estarán no musical da TVG o artista galego Habló Pablo, a orquestra Fania Blanco Show e o ‘chapuzas’ Lalo Penelas.

17:25 h

LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 406

Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. O cómico Santi Rodríguez súmase hoxe á tolemia do 'Land Rober Tunai Show'. O popular actor andaluz enfróntase aos disparates do programa, nunha noite de risas e oliveiras.

19:30 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 710

19:35 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 855

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 02.11.2025

Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 02.11.2025

21:55 h

CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 1

A TVG entra en acción hoxe coa estrea de 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O primeiro episodio acompaña á Policía Local de Santiago durante a intensa noite do 24 de xullo, véspera do Día do Apóstolo.

23:00 h

EN XOGO: EN XOGO 778

Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

00:30 h

LUAR: LUAR 1457

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Carlos Baute, JNS e Broken Peach, estrelas nun 'Luar' especial que celebra a noite de Samaín. Los Player’s e Os Terribles de Donas completan o elenco desta edición, en que os venezolanos Carlos Baute e Boris Izaguirre protagonizarán un duelo gastronómico.

03:00 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3274

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O escritor porriñés Diego Giráldez presenta no 'ZigZag' a novela ‘As obras póstumas’, gañadora do XLIII Premio Blanco Amor de Novela.

03:30 h

GALEGOS NO MUNDO: Boston

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

04:20 h

GALEGOS NO MUNDO: Luxemburgo

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

05:10 h

GALEGOS NO MUNDO: Sydney

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

06:05 h

GALEGOS NO MUNDO: Montreal

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 02.11.2025

div-crtvg-top2

Publicidade