div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 852

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 31.10.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

ESTACHE BO!: Pementos de Arnoia recheos de brandada

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 278

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No día de Samaín, ‘O termómetro' busca os mellores disfraces, coñece o labor dunha sepultureira e fala da tradición de Defuntos e de Todos os Santos.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 31.10.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 31.10.2025

Presenta Antía Araújo.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 31.10.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 31.10.2025

15:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 80

Acábase a nosa particular semana e os tres equipos xa probaron a abrir a caixa forte, pero non tiveron éxito no seu intento. Hoxe vai ter unha oportunidade máis o trío que logre presentarse na gran final. Para chegar a ela hai que superar as distintas fases do concurso e niso van estar centrados Zona Vella (Ángel, Chisco e Javi), Os da Sariña (Budiño, Pepa e Suso) e As Trillizas (Claudia, Paloma e Sabela).

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1204

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 853

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 31.10.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 31.10.2025

21:45 h

LUAR: LUAR 1457

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Carlos Baute, JNS e Broken Peach, estrelas nun 'Luar' especial que celebra a noite de Samaín. Los Player’s e Os Terribles de Donas completan o elenco desta edición, en que os venezolanos Carlos Baute e Boris Izaguirre protagonizarán un duelo gastronómico.

00:30 h

ÚLTIMA NOITE NO SOHO

Thriller psicolóxico sobre unha moza apaixonada pola moda que, misteriosamente, é capaz de trasladarse aos anos 60 e coñecer a súa ídola, unha abraiante aspirante a cantante. Pero o Londres da época non é o que parece e o tempo parece esborrallarse con escuras consecuencias...

02:45 h

GALEGOS NO MUNDO: San Paulo

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

03:35 h

GALEGOS NO MUNDO: Glasgow

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

04:25 h

GALEGOS NO MUNDO: Córdoba

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

05:15 h

GALEGOS NO MUNDO: Lión

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

06:05 h

GALEGOS NO MUNDO: Porto Alegre

div-crtvg-top2

Publicidade