TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Paspallás recheos con salsa de arandos
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 273
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza hoxe o caso dunha destilaría ilegal en Ponteareas, as medidas da Xunta contra a dermatose nodular contaxiosa e o tratamento da osteoartrite.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1991
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 609
Programa relixioso. O programa de atención a persoas sen fogar de Cáritas Diocesana de Lugo leva catro anos ofrecendo acollida e acompañamento integral a quen vive situacións de exclusión. Neste programa, os espectadores coñecerán o seu labor, que busca devolver esperanza, dignidade e oportunidades a quen máis o precisa.
SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS XI 40
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 26.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
ZIGZAG: ZIGZAG 3268
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' falará cos organizadores do Festival Animacción, que se desenvolve durante esta semana na Coruña e Vigo.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1203
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 15
Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. ‘Pais en apuros’ amosa hoxe a importancia de estimular a creatividade e explicará os beneficios de practicar deporte en familia.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 6
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. Actuacións espectaculares e de cine na edición de hoxe de 'Bailamos Celebrity'. Os concursantes enfróntanse a retos como o ‘Vogue’ de Madonna, o ‘SloMo’ de Chanel, a ‘Conga’ de Gloria Estefan e o ‘I will always love you’ de Whitney Houston.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.10.2025
Presenta David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.10.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.10.2025
LUAR: LUAR 1455
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. David DeMaría, Gabriel Fandi e a orquestra Los Satélites porán a música no 'Luar' de hoxe. O personaxe de Sabela Grilo revolucionará o programa para montar unha telenovela, mentres que o ‘chapuzas’ Lalo Penelas irá por Galicia adiante ofrecendo os seus servizos.
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 405
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. O ‘Land Rober Tunai Show' promete un xoves de risas na compaña de Ángel Martín, Adrián Castiñeiras e Vega. O cómico e presentador, o protagonista de ‘O home perfecto’ e a artista musical únense ao programa máis tolo da TVG.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 708
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 848
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 26.10.2025
Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.10.2025
A CORAL. MINISERIE
A miniserie 'A Coral' regresa hoxe á TVG cun novo final e con Carlos Blanco levando a batuta. A comedia volve con catro capítulos de media hora e cun desenlace inédito que promete sorpresa.
EN XOGO: EN XOGO 777
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
LUAR: LUAR 1456
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A fusión entre pop e folclore de Juan Bona encherá esta noite o escenario de 'Luar'. Tamén estarán no musical da TVG o artista galego Habló Pablo, a orquestra Fania Blanco Show e o ‘chapuzas’ Lalo Penelas, que se trabucará co cambio de hora e trasladará o reloxo a 1992, á primeira edición do programa.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
GALEGOS NO MUNDO: Marsella
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
GALEGOS NO MUNDO: O Salvador
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
GALEGOS NO MUNDO: Toronto

GALEGOS NO MUNDO: Newark

GALEGOS NO MUNDO: Costa Rica