div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 845

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.10.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe unha entrevista co conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

10:50 h

ESTACHE BO!: Paspallás recheos con salsa de arandos

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

10:55 h

ESTACHE BO: Coello ao allo

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 273

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza hoxe o caso dunha destilaría ilegal en Ponteareas, as medidas da Xunta contra a dermatose nodular contaxiosa e o tratamento da osteoartrite.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.10.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.10.2025

Presenta Antía Araújo.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.10.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.10.2025

15:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 75

Acaba a nosa particular semana e todo segue no aire en canto a que equipo vai continuar participando no concurso nos vindeiros cinco programas. Hoxe van dalo todo para non teren que marchar para a casa “Os da Sariña” (Budiño, Pepa e Suso), “Trifásicos” (Antonio, Carlos e Jaru) e “Mozas da Mariña” (Barby, Eva e Reme). Pero tamén deben loitar por superar as distintas fases e presentarse na gran final para poder levar o bote.

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1199

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 846

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.10.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.10.2025

21:45 h

LUAR: LUAR 1456

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A fusión entre pop e folclore de Juan Bona encherá esta noite o escenario de 'Luar'. Tamén estarán no musical da TVG o artista galego Habló Pablo, a orquestra Fania Blanco Show e o ‘chapuzas’ Lalo Penelas, que se trabucará co cambio de hora e trasladará o reloxo a 1992, á primeira edición do programa.

00:30 h

BRAZIL

Nun distópico universo futurista onde reinan as máquinas, unha mosca cae dentro dun ordenador e cambia o apelido do guerrilleiro Harry Tuttle polo do tranquilo pai de familia Harry Buttle, que é detido e asasinado polo aparato represor do Estado. O tranquilo burócrata Sam Lowry é o encargado de devolver un talón á familia da vítima, circunstancia que lle permite coñecer a Jill Layton, a muller dos seus soños. E mentres a persegue, fai amizade con Harry Tuttle e se converte no seu cómplice.

02:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.10.2025

Presenta Raúl Quián.

03:40 h

GALEGOS NO MUNDO: Rosario

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

04:25 h

GALEGOS NO MUNDO: Edimburgo

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

05:20 h

GALEGOS NO MUNDO: Dublín

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

06:05 h

GALEGOS NO MUNDO: Punta Cana

div-crtvg-top2

Publicidade