div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 843

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.10.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:40 h

O AGRO: O AGRO 22.10.2025

10:45 h

ESTACHE BO!: Pastel de espinacas e picada de carne

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 271

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' analiza as consecuencias da marcha do polbo a augas inglesas, a eficiencia do lavalouzas e a participación galega no concurso Girls Go Circular.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.10.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.10.2025

Presenta Antía Araújo.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.10.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.10.2025

15:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 73

É o terceiro día para o trío de equipos formado por Mozas da Mariña (Barby, Eva e Reme), Trifásicos (Antonio, Carlos e Jaru) e Os da Sariña (Budiño, Pepa e Suso). As forzas están moi igualadas e calquera deles pode continuar no programa a vindeira semana. Para iso teñen que ir sumando o maior número de puntos posibles, aínda que non deben esquecer que o importante é abrir a caixa forte.

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1197

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 844

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.10.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.10.2025

21:45 h

GALICIA BONITA: Silleda

O equipo de 'Galicia Bonita' adiantase ao Nadal xa que Toño e Andrea apuran a Rosa e aos seus axudantes para ser os primeiros de Galicia en acender o alumado da súa vivenda. Isto, sumado a unha crise de persoal, fai da semana en Silleda un auténtico reto a superar. ‘Galicia bonita’ adiántase ao Nadal coa súa chegada a Silleda. Toño e Andrea, unha parella chea de enerxía e con moitas ideas propias sobre limpeza e orde, propoñen un desafío ao equipo de Rosa Facal: ter a casa e o entorno listos para acender o alumado de Nadal antes que ningún veciño.

23:00 h

GALICIA BONITA: Castro de Rei

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. 'Galicia Bonita' chega este martes a Castro de Rei para reformar unha vivenda compartida por dúas familias. As diferenzas entre as dúas parellas porán en risco o bo facer dos operarios dirixidos por Rosa Facal, quen deberá facer de xuíza de paz e manter o equilibrio.

23:10 h

GALICIA BONITA: Ponteceso

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. En Ponteceso, o equipo de 'Galicia bonita' enfróntase a unha illada vivenda en bloque e a unha propietaria que levará un control exhaustivo da reforma. O ambicioso do proxecto dificultará unha semana de traballo que podería demorarse máis alá dos cinco días previstos.

00:40 h

EIFFEL

Unha vez finalizada a súa colaboración na Estatua da Liberdade, o célebre enxeñeiro Gustave Eiffel está na cima do mundo. Agora, o goberno francés está a meterlle presión para deseñar algo espectacular para a Exposición Universal de París de 1889, pero Eiffel non está interesado. De súpeto, todo cambia cando no seu camiño se cruza unha misteriosa muller do seu pasado e o lume da súa paixón prohibida se reaviva, inspirándoo a cambiar a imaxe de París para sempre.

02:45 h

GALEGOS NO MUNDO: Istambul

O programa leva hoxe aos espectadores a coñecer outras vidas na cidade das tres mil mesquitas, Istambul. Ata a única cidade do mundo asentada entre dous continentes, Europa e Asia, bañada polo Bósforo e con tres mil mesquitas, levaranos o programa que nos achega a vida daqueles galegos que decidiron emprender unha viaxe nova, noutras terras e países.

03:35 h

GALEGOS NO MUNDO: O Porto

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

04:25 h

GALEGOS NO MUNDO: Berna

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

05:15 h

GALEGOS NO MUNDO: Frankfurt

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

06:05 h

GALEGOS NO MUNDO: Milán

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 22.10.2025

div-crtvg-top2

Publicidade