div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 842

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 21.10.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:45 h

O AGRO: O AGRO 21.10.2025

10:50 h

ESTACHE BO!: Xeado de menta con marrón glacé

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 270

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa ‘O Termómetro’ analiza a situación nos buracos negros da costa galega que usa o narcotráfico pola falta de presenza policial.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.10.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 21.10.2025

Presenta Antía Araújo.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 21.10.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.10.2025

15:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 72

Hoxe os nosos equipos teñen unha nova oportunidade de abrir a caixa forte e levar os seis mil euros do bote. Por chegar á gran final van loitar “Os da Sariña” (Budiño, Pepa e Suso), “Mozas da Mariña” (Barby, Eva e Reme) e “Trifásicos” (Antonio, Carlos e Jaru). Se os que cheguen a ela non dan coa combinación exacta da caixa forte deben conformarse cos 225 euros do premio do día.

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1196

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 843

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 21.10.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 21.10.2025

21:45 h

O HOME PERFECTO: A maior das forzas

Emocionante historia de segundas oportunidades e enganos sentimentais. A serie segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor e que, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home. Despois de anos marcados pola violencia e polo medo, Rebeca retomou o control da súa vida. Vive con súa irmá, traballa nunha panadería e imparte clases de defensa persoal nunha asociación para mulleres. Por fin, todo empeza a encaixar. Pero o pasado non sempre queda atrás. O seu ex, Toño, acaba de saír do cárcere e reaparece disposto a desmontar a súa paz. Rebeca, porén, está preparada para resistir e non está soa. Arroupada pola súa contorna, dá un paso valente e acepta quedar cun home que coñece por Internet.

22:35 h

O HOME PERFECTO: Lenzo en branco

Emocionante historia de segundas oportunidades e enganos sentimentais. A serie segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade tras vidas marcadas pola dor e que, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home. Luísa está soa tras a morte do seu marido e tras anos distanciada da súa filla. O reencontro cunha vella coñecida da infancia, Neves, axúdaa a reconectar consigo mesma e consegue volver á pintura, que levaba décadas sen tocar. Nunha visita a unha galería de arte coñece un mozo que chama a súa atención. El é amable, falangueiro, atento e interésase polos seus cadros. Ela, contaxiada por tantas atencións, volve sentir o desexo de crear e de vivir.

23:30 h

O QUE A G ESCONDE: Cando o amor é unha estafa

‘O que a G esconde’ mergúllase hoxe no arquivo da TVG para falar dos coñecidos como calotes do amor. Con motivo da estrea da serie ‘O home perfecto’, que trata este tipo de estafas, o programa ofrecerá unha recreación de como se van fraguando estas relacións e falará con membros dos corpos de seguridade para saber como evitalas.

00:00 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 398

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

01:05 h

ESTACHE BO!: Xeado de menta con marrón glacé

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

01:50 h

GALEGOS NO MUNDO: Berlín

02:40 h

GALEGOS NO MUNDO: O Cairo

03:30 h

GALEGOS NO MUNDO: Ámsterdam

04:20 h

GALEGOS NO MUNDO: Andorra

04:50 h

GALEGOS NO MUNDO: Copenhaguen

05:10 h

GALEGOS NO MUNDO: Copenhaguen

06:00 h

GALEGOS NO MUNDO: Praga

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 21.10.2025

div-crtvg-top2

Publicidade