TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Bacallau con mollo de pemento e coles de bruxelas
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 268
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa pon hoxe sobre a mesa os efectos da borrasca Herminia en Ortigueira, probas de rituais na Torre de Meira e os coidados que precisa a madeira.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1990
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 608
O Mosteiro de Poio acolle o encontro anual de bispos e relixiosos de toda a comunidade no marco da celebración dos 50 anos da creación da CONFER Galicia. Son unhas xornadas de diálogo e fraternidade dunha Igrexa que traballa e camiña unida.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 448
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 19.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
ZIGZAG: ZIGZAG 3262
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O ‘Zigzag’ recibe hoxe a visita da escritora Abril Camino, Premio Xerais de Novela pola obra ‘Mulleres que viven xuntas’.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1202
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 74
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 5
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 75
Acaba a nosa particular semana e todo segue no aire en canto a que equipo vai continuar participando no concurso nos vindeiros cinco programas. Hoxe van dalo todo para non teren que marchar para a casa “Os da Sariña” (Budiño, Pepa e Suso), “Trifásicos” (Antonio, Carlos e Jaru) e “Mozas da Mariña” (Barby, Eva e Reme). Pero tamén deben loitar por superar as distintas fases e presentarse na gran final para poder levar o bote.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 19.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.10.2025
Presenta David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.10.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.10.2025
LUAR: LUAR 1454
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. As voces de Lucía Pérez e Juan Valderrama protagonizan o 'Luar' desta semana. O programa contará, amais, co Grupo Tania Veiras & Los Cumbiapop, Carecos e unha nova rolda do concurso ‘Recantos’.
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 404
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. De Ninghures e os presentadores de Informativos Pablo Muñoz, David Valverde e Almudena de Urzáiz súmanse á tolemia do 'Land Rober Tunai Show'. A banda de folk galega e os rostros das noticias da TVG vivirán un xoves á noite cheo de humor, xogos e sorpresas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 706
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 841
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 19.10.2025
Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.10.2025
O QUE A G ESCONDE: Cando o amor é unha estafa
‘O que a G esconde’ mergúllase hoxe no arquivo da TVG para falar dos coñecidos como calotes do amor. Con motivo da estrea da serie ‘O home perfecto’, que trata este tipo de estafas, o programa ofrecerá unha recreación de como se van fraguando estas relacións e falará con membros dos corpos de seguridade para saber como evitalas.
EN XOGO: EN XOGO 776
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo. ‘En Xogo’ ofrece esta noite o mellor dos partidos Celta-Real Sociedade e Rácing de Santander-Deportivo, amais do restante fútbol galego.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa amosará o día a día dun canteiro, dun criador de vacas Angus e dun pai e unha filla que cultivan oliveiras.
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 179
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O equipo de 'Cos pés na terra' acompañará esta semana un veterinario e gandeiro e unha cesteira. Ademais, da man dunha produtora de faba loba, os espectadores coñecerán as bondades deste legume.
LUAR: LUAR 1455
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. David DeMaría, Gabriel Fandi e a orquestra Los Satélites porán a música no 'Luar' de hoxe. O personaxe de Sabela Grilo revolucionará o programa para montar unha telenovela, mentres que o ‘chapuzas’ Lalo Penelas irá por Galicia adiante ofrecendo os seus servizos.
ZIGZAG: ZIGZAG 3262
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O ‘Zigzag’ recibe hoxe a visita da escritora Abril Camino, Premio Xerais de Novela pola obra ‘Mulleres que viven xuntas’.
GRANDES LUGARES: Santo Tomé (Valadouro)-Santa María de Sacos (Cotobade)-San Salvador de Asma (Chantada)
Espazo que amosa, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de varias poboacións galegas con moito para contar.
GRANDES LUGARES: GRANDES LUGARES XII
Espazo que amosa, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de varias poboacións galegas con moito para contar.