TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Repolo, corazón ao forno con cocotes de bacallau
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 263
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ porá hoxe sobre a mesa a suba do valor do ouro, a obriga de usar a baliza de sinalización V16 en 2026 e as previsións do tempo para os próximos días.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1989
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 607
O Santuario de San Cosme da Montaña, en Abadín, é un lugar de fonda devoción que reúne dende hai un século a xentes da Chaira e da Mariña lucense. Cada 27 de setembro celébrase a súa romaría, onde a misa, a procesión, os exvotos de cera e as peticións por saúde ou prosperidade manteñen viva unha tradición que, máis aló da fe, é tamén un encontro de comunidade e identidade galega.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 447
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 12.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
ESPECIAL INFORMATIVO: Desfile da Festa Nacional 2025
Especial informativo, presentado por Marcos Sueiro, en que se retransmitirá en directo o Desfile das Forzas Armadas desde Madrid.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 833
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 12.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.10.2025
Presenta David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.10.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 12.10.2025
LUAR: LUAR 1453
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' recibe esta semana as xemelgas Twin Melody, o histórico grupo A Roda e o recoñecido mentalista Anthony Blake. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar contará tamén coa actuación da orquestra Suavecito e cunha nova entrega do concurso ‘Recantos’.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 15
Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. ‘Pais en apuros’ amosa hoxe a importancia de estimular a creatividade e explicará os beneficios de practicar deporte en familia.
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 403
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. ‘Land Rober Tunai Show' recibe hoxe as actrices que conforman o trío cómico R(h)umorosas e a veterinaria galega Rebeca Atencia, discípula de Jane Goodal. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro pintarán a mona nun estudio de televisión que visitará en exclusiva a primatóloga ferrolá, directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpounga, na República do Congo.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 704
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 834
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 12.10.2025
Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 12.10.2025
DESAFÍOS CRIMINAIS: DESAFÍOS CRIMINAIS (VERSIÓN CURTA)
Docushow procedemental de carácter policial en que se descOBREN as claves que permitiron resolver os casos máis relevantes na historia recente de Galicia baixo a investigación da Garda Civil.
DESAFÍOS CRIMINAIS: DESAFÍOS CRIMINAIS (VERSIÓN CURTA) 1
Docushow procedemental de carácter policial en que se descobren as claves que permitiron resolver os casos máis relevantes na historia recente de Galicia baixo a investigación da Garda Civil.
EN XOGO: EN XOGO 775
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
SALA G: Panorama vs Panorama City
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Panorama contra Panorama City: o duelo das mellores orquestras do mundo chega á TVG. ‘A Sala G’ acende o escenario esta noite coa batalla máis esperada da verbena galega.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1201
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
GRANDES LUGARES: Asados (Rianxo) + Fragas (Campo Lameiro) + Olveiroa (Dumbría)
Os veciños e as familias son os protagonistas deste programa, e nesta ocasión os reporteiros visitarán a parroquia de Asados, en Rianxo. Ademais, achegaranse ata a de Fragas en Campolameiro e a de Olveiroa, no concello coruñés de Dumbría.
GRANDES LUGARES: A Gándara (A Guarda) - A Vide (Monforte) - Montecelo (Paderne)
O espazo tamén amosará a parroquia de San Ciprián de Vide, no concello lugués de Monforte de Lemos. Para rematar esta viaxe por Galicia os reporteiros pasarán un día cos veciños de Montecelo, no concello coruñés de Paderne.
GRANDES LUGARES: Velouzás (Paderne -A Coruña), Baamonde (Begonte-Lugo)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
GRANDES LUGARES: Láncara (Lugo) - Esmelle (Ferrol) - O Castro (Begonte)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.