div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 830

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 09.10.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

ESTACHE BO!: Tiramisú de mascarpone con galletas

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 262

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo ‘O termómetro' fala sobre presbicia, da alta demanda de costureiras, de atropelos con condutores á fuga e das queixas de veciños pola iluminación de Nadal.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 09.10.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 09.10.2025

Presenta Antía Araújo.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 09.10.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.10.2025

15:50 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 64

O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

16:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1188

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 831

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 09.10.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 09.10.2025

21:45 h

LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 403

Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. ‘Land Rober Tunai Show' recibe hoxe as actrices que conforman o trío cómico R(h)umorosas e a veterinaria galega Rebeca Atencia, discípula de Jane Goodal. Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro pintarán a mona nun estudio de televisión que visitará en exclusiva a primatóloga ferrolá, directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpounga, na República do Congo.

23:45 h

TEMPO DE MATAR

Nunha tranquila vila de Mississippi, dous mozos bébedos violan salvaxemente unha nena negra de dez anos. A maioría branca da cidade amósase horrorizada ante un crime tan atroz. Carl Lee, o pai da nena, decide tomar a xustiza pola súa man e mata os violadores da súa filla. Mentres, a tensión vai crecendo e reaparecen nas rúas as cruces ardendo do Ku Kux Klan, e Jake Brigance, un novo avogado branco, fará todo o posible por salvar tanto a vida de Carl Jee como a súa.

00:15 h

02:05 h

GRANDES LUGARES: Mirandela (Castroverde) + Moscoso (Pazo de Borbén)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

03:15 h

GRANDES LUGARES: Goente (As Pontes) + Vilaboa (Valdoviño)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

04:10 h

GRANDES LUGARES: Corcoesto (Cabana de Bergantiños) + Burela + Quins (Melón)

05:05 h

GRANDES LUGARES: San Martiño de Mondoñedo (Foz) + Berres (A Estrada) + Covelo (Melón)

06:00 h

GRANDES LUGARES: Sarandón (Vedra) - Ferreira de Pantón (Pantón)

Con apenas 400 habitantes, no lugar respírase un sentimento de pertenza e unhas ganas de festa que o converten nun lugar máxico. O programa tamén mergulla os espectadores no día a día dos veciños de Ferreira de Pantón, no corazón da Terra de Lemos, xente moi activa e traballadora que vive coas paisaxes da Ribeira Sacra como pano de fondo.

06:00 h

GRANDES LUGARES: Bolmente (Sober) + Eiré (Pantón) + Segán (O Saviñao)

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 09.10.2025

div-crtvg-top2

Publicidade