div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 827

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.10.2025

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe entrevistas coa auxiliar de conversa Chloé Satenberg e con Emma Paredes, directora do IES Plurilingüe Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

10:50 h

ESTACHE BO!: Lasaña de batata con crema de queixo e espinacas

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 259

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os convidados a ‘O termómetro' analizan hoxe as baixas por saúde mental, o liderado de Galicia en produción de pensos e os métodos actuais nos roubos de coches.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.10.2025

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.10.2025

Presenta Antía Araújo.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.10.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.10.2025

15:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 61

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1185

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 828

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.10.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.10.2025

21:50 h

CASAMOS!: Alexia e Jose

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. ‘Casamos!’ celebra hoxe a historia de amor de Alexia e Jose, marcada polos reencontros e a ilusión dunha gran voda. A parella, que se coñece desde os 18 anos, reencontrouse tras varios anos separados e agora cumpre o soño de casar rodeada dos seus.

22:55 h

CASAMOS!: Susana e Juanjo

Susana e Juanjo casan despois de dezaseis anos xuntos. A súa historia comeza en Barcelona, terra natal de Juanjo e onde Susana traballaba. Anos despois, volveron a Galicia e agora casarán nunha voda íntima con familiares e amigos. Os noivos prepararon cada detalle da celebración, onde o máis chamativo será un bingo no que os convidados poden gañar moitos premios.

00:10 h

CASAMOS!: A historia de amor de Laura e Jonathan

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. "Casamos!" vai hoxe á voda en Moraña dunha parella cunha bonita historia de amor. Tras dez anos de relación, Jonathan e Laura dan ilusionados este paso.

01:15 h

O TEMIBLE BURLÓN

Século XVIII. O pirata Vallo apodérase do buque do Barón Gruda, cargado de armamento. Vallo decide levar a cabo un plan: en vez de capturar o barón, venderalles as armas aos rebeldes dunha illa caribeña, que tratan de liberarse de Gruda, e despois venderalle a este a información da situación dos rebeldes, traizoando a ambos bandos e optimizando as súas ganancias. Pero para vender as armas debe gañar a confianza dos rebeldes, para o que vai á illa acompañado do seu fiel e mudo amigo Ollo. Os rebeldes non están moi convencidos da honestidade do pirata, pero, despois dunha pelexa cos soldados do Rei, acceden a mercar as armas. Agora Vallo só ten que traizoalos para recibir o diñeiro do Barón, pero hai un problema. Vallo namórase da atractiva Consuelo, filla de El Libre, o líder dos rebeldes. El Libre é prisioneiro do Rei, polo que Vallo decide liberalo. Despois do éxito da fuxida, a tripulación de Vallo decátase do cambio de plans tan só porque o capitán se namorara e, como iso rompe o código pirata, amotínanse e tratarán de que Vallo, Ollo, Consuelo e El Libre sexan novamente capturados polo Barón.

02:55 h

GRANDES LUGARES: Quireza, Abades-Silleda, Abelleira

03:55 h

GRANDES LUGARES: Beariz, O Castelo-Pambre, Gonzar Pino

04:55 h

GRANDES LUGARES: O Barqueiro, Xavestre, Esgos

05:55 h

GRANDES LUGARES: Anxemil e Martixe (Silleda) + Brués (Boborás)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.10.2025

div-crtvg-top2

Publicidade