TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Estufado de chocos e ameixas
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 258
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de asistir á Festa do Marisco do Grove, ‘O termómetro' fala do comezo dos plans de inmunización fronte aos virus e das queixas polas luces de Nadal en Vigo.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1988
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 606
A illa da Toxa acolleu a primeira Xornada de Pastoral do Turismo, organizada pola Arquidiocese de Santiago de Compostela. Un encontro para pensar o papel da Igrexa nun sector que move millóns de persoas no mundo, pero que tamén abre camiños interiores, espirituais e comunitarios.
SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS XI 39
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 05.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
ZIGZAG: ZIGZAG 3250
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A nova directora artística da Selic (Semana do Libro de Compostela), Lorena Conde, será este domingo a convidada do programa 'Zigzag'.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1200
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 14
Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. O espazo dará hoxe pautas para que os nenos e nenas aprendan a vestirse sós.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 4
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 05.10.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.10.2025
Presenta David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.10.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 05.10.2025
LUAR: LUAR 1453
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' recibe esta semana as xemelgas Twin Melody, o histórico grupo A Roda e o recoñecido mentalista Anthony Blake. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar contará tamén coa actuación da orquestra Suavecito e cunha nova entrega do concurso ‘Recantos’.
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 402
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. Paco Buyo fai parada hoxe no 'Land Rober Tunai Show'. Na ficción, a alcaldesa de Traspazos anunciará que o actor Richard Gere e a súa muller van vivir no seu concello.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 702
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 827
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 05.10.2025
Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 62
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 05.10.2025
DESAFÍOS CRIMINAIS
Docushow procedemental de carácter policial en que se descubrirán as claves que permitiron resolver os casos máis relevantes na historia recente de Galicia baixo a investigación da Garda Civil.
EN XOGO: EN XOGO 774
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
OS FENÓMENOS
Película de Alfonso Zarauza, con Lola Dueñas, Luís Tosar, Juan Carlos Vellido, Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris', Xosé Antonio Touriñán, Federico Pérez Rey, Marcos Javier Fernández Eimil, Farruco Castromán, Xúlio Abonjo. España, 2014, 99’, Drama (+12). Unha muller que vive dende hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece xusto o día en que ía comezar a traballar. Por este motivo, regresa co seu bebé na súa vila natal, Ferrol. Ó principio ten moitas dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. Superada con coraxe a dureza do oficio, o seu equipo de traballo empeza a destacar entre os demais pola súa capacidade de traballo.
GRANDES LUGARES: Carballo, Puerdeus, S. Andrés
O programa visitará a fermosa aldea que rodea o Santuario de San Andrés de Teixido. Na cara interior da provincia de Lugo, descubriremos en Friol a parroquia de Carballo, un dos lugares máis activos e unidos de toda comarca. E a última parada será en Purdeus.