TVG - CSAG
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 817
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.09.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe entrevistas con Augusto Pérez-Cepeda Vila, decano do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, e con Rexina Vega, paciente e membro da AECMM (Asociación Española de Cáncer de Mama Metastásico).
ESTACHE BO!: Biscoito con licor de coandro
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 253
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa fala do roubo de millo na Estrada, da liberación dunha menor secuestrada polo seu pai e dos estados de ansiedade das nais españolas.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.09.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.09.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.09.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.09.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1179
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 818
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.09.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.09.2025
LUAR: LUAR 1452
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Grandes sorpresas no 'Luar' de hoxe, co regreso do mítico grupo Los Caños e a chegada de Touriñán cun novo personaxe cómico. O programa tamén ofrecerá as actuacións do grupo brasileiro de música do mundo Da Cruz, da Asociación Cultural A Rexionalista e da orquestra New York.
OS CORISTAS
En 1948, Clément Mathieu, profesor de música desempregado, acepta un posto como profesor vixilante nun internado de reeducación de menores. O sistema represivo aplicado polo director conmociona a Mathieu. Ensinándolles música e canto coral a estes nenos tan difíciles, Mathieu transformará as súas vidas cotiás.