TVG - CSAG
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 813
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.09.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
ESTACHE BO!: Níscaros con ovos e trufa negra
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 249
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza o alto prezo dos alugueiros e o problema da soidade entre as persoas maiores, amais de falar de iniciativas para o rural como Bionogueira.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.09.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.09.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.09.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.09.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1175
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 814
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.09.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.09.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 53
CASAMOS!: Begoña e Ricardo
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. ‘Casamos!’ trae hoxe o romántico enlace de Begoña e Ricardo. Despois dunha crise, a súa relación transformouse nunha voda en Portugal, repleta de emoción e co apoio da familia e amigos.
CASAMOS: A historia de amor de Alba e Jandro
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Os espectadores do programa asistirán hoxe á voda de Alba e Jandro, que mesturará os mundos máxicos de Disney e Harry Potter. O confinamento apurou os plans da parella de ir vivir xuntos e agora deciden dar o paso máis importante na súa relación.
A CIDADE SEN LEI
Despois de máis de 20 anos velando pola lei e a orde, Frank Pateh, o shériff dunha pequena vila, ve como os caciques da zona queren destituílo para poñer no canto del un shériff máis manexable, un home que faga oídos xordos ás queixas máis problemáticas dos veciños. Unha manobra que Frank non está disposto a aturar e contra a que loitará con todas as súas forzas.
PRATOS COMBINADOS: As vacacións de Balbina
Todos os problemas de Rosalía, Miguel, Miro e Antón recaen agora sobre as costas de Balbina, que necesita unhas vacaións; pero a experiencia de alonxarse da súa familia fará que vexa os seus problemas doutro xeito.
PRATOS COMBINADOS: Os polos tolos
Antón ofrécelle ao seu cuñado Miro a oportunidade de facer un estupendo negocio, mercando a baixo prezo unha partida de polo conxelado.
PRATOS COMBINADOS: Un home serio e formal
Os continuos despistes e as informalidades de Miro teñen farta á súa muller, Balbina. Miro promete ser no futuro un home serio e formal. Aconsellado polo seu cuñado, Antón convértese nun empresario laborioso, completamente entregado ao traballo no Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O rei da cociña
Miro Pereira e Balbina non teñen a mesma maneira de entender o seu traballo. Para Miro pescar troitas é incomparablemente máis difícil e meritorio ca cociñar. A súa muller decide amosarlle que está equivocado cambiando os seus respectivos papeis.
PRATOS COMBINADOS: O tío Benigno
Serie. Miro bota a Antón do Bar Suízo logo dunha liorta por 'carota' e por 'gorrón'. Antón, desgustado polo trato, inventa unha enseñosa vinganza contra Miro e Balbina. Resulta que por eses días aparece no Bar Suízo un señor que di ser o tío Benigno, que marchara como emigrante a México, hai xa moitos anos e que, logo de facer unha inmensa fortuna, regresa para compartir coa familia que lle queda as súas riquezas.
PRATOS COMBINADOS: Os candidatos
Serie. Balbina e Miro deciden presentarse, cada un pola súa conta, como candidatos a presidir a Asociación de Hosteleiros. Antón será, nesta ocasión, o asesor de Miro. Ambos candidatos teñen ideas moi diferentes sobre o que se debe facer na asociación, o que dará lugar a divertidos enredos e equívocos.
PRATOS COMBINADOS: O crecepelo
Serie. Nunha libreta en que están apuntados vellos remedios caseiros da avoa Carme aparece unha receita infalible contra a calvicie. Trátase dun crecepelo que, como se demostra finalmente, non funciona tan ben como se agardaba e presenta algúns efectos secundarios. Miro e o xefe de Antón serán as súas víctimas.
PRATOS COMBINADOS: Cociñeiros de París
Serie. O Concello acaba de organizar unhas xornadas de promoción turística en París e convidan a Balbina a cociñar alí algúns dos seus pratos máis típicos. Os celos de Miro e os desexos de Antón de viaxar á capital francesa cruzaranse no traballo de Balbina.
PRATOS COMBINADOS: A primitiva
Serie. A familia Pereira non gaña para sustos. Nesta ocasión, a trama vese envolta nun infortunio cos xogos de azar e como principal culpable aparece Antón.
PRATOS COMBINADOS: O apartamento
Serie. Rosalía xa non atura máis na casa, e busca unha solución alternativa... Quizais o aluguer dun apartamento?