TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Sopa de congro
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 248
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' explicará hoxe como foron evolucionando as pensións de viúvez e analizará a situación do narcotráfico na actualidade.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1986
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 604
No arquivo diocesano de Mondoñedo descansan séculos de rexistros parroquiais, actas, cartas e documentos que sobreviviron ao paso do tempo. Hoxe tamén cumpre unha función fundamental para quen precisa atopar vos seus antepasados para conseguir a cidadanía.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 445
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 21.09.2025
Presenta Chus Tanoira.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 13
Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. Os ‘Pais en apuros’ coñecerán hoxe na TVG as claves para ler as etiquetas dos alimentos.
TODO VELA: La Solitaire du Fígaro
En directo.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 3
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 21.09.2025
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.09.2025
Presenta David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.09.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.09.2025
TODO VELA: La Solitaire du Figaro
En directo.
LUAR: LUAR 1451
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Arranca unha renovada edición de 'Recantos' en 'Luar', cunha vintena de voces e con Boris Izaguirre e a mezzosoprano Nuria Lorenzo no xurado. O certame musical reforza a súa identidade cun novo xurado e maior protagonismo das historias persoais dos recanteiros. ‘Luar’ regresa hoxe á TVG tamén coa música de Tamara, Xur, a Orquesta Triunfo e a agrupación Sadeo.
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 400
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. Celebración por todo o alto hoxe no 'Land Rober Tunai Show', que alcanza os 400 programas. Nesta edición tan especial, o programa da TVG recibirá a visita do coruñés Lucas Yáñez, campión de Europa de patinaxe artística, e contará coa música de Ortiga.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 698
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 813
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 21.09.2025
Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 21.09.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ II 52
Fran Nogueira recibe no estudio do ‘Eu sei + ca ti’ os tres equipos que esta semana loitan por gañar os seis mil euros da caixa forte. Os Aurieneses (Concha, Enrique e Félix), As Supremas de Ourense (Ana, Cris e Paula) e Os Castrilleiros (Alba, Carlos e Héctor) veñen dispostos a demostrar que saben máis ca ninguén para así chegar á gran final.
EN XOGO: EN XOGO 772
Espazo deportivo presentado por Sevi Martínez, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.
CICLISMO: Campionato de Galicia DHI 2025 - DH A Fracha
Nova edición da volta O Gran Camiño, que este ano parte de Portugal e volverá rematar na capital de Galicia. Os medios públicos galegos teñen preparada unha ampla despregadura para contar todo o que suceda durante os cinco días de competición. Terio Carrera encargarase da narración, cos comentarios do histórico gañador da Volta a España Álvaro Pino e o micrófono sen fíos de Carlos Macía desde una unidade móbil motorizada. Os amantes do ciclismo BTT de descenso teñen hoxe unha cita, en directo, na Fracha. O bike park do parque forestal da Farcha é o escenario do DH A Fracha, coa categoría de Campionato de Galicia.
PRATOS COMBINADOS: Morosos sen fronteiras
Miro está farto de pagar facturas. O seu cuñado Antón, inspirado nas numerosas asociacións humanitarias que ve ao seu arredor, decide animalo a fundar ‘Morosos sen fronteiras’.
PRATOS COMBINADOS: O concurso
Rosalía acaba de cobrar o seu primeiro salario como profesora de instituto. Ela e a súa nai, Balbina, proxectan facer a súa viaxe a París. Tamén Miro quere ir, pero non hai cartos abondo. Antón e Paspallás xúntanse con el para facer un insólito trío nun concurso de televisión.
PRATOS COMBINADOS: Pintura moderna
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A avoa Carme apúntase nun curso de pintura no club de xubilados. Pero a Miro non lle fai nin chisca de graza que súa nai teña outro tipo de actividades, xa que pensa que con elas pode deixar de lle prestar atención á cociña do bar. O seu cuñado Antón faralle ver que a pintura moderna pode ser unha considerable fonte de ingresos e ambos comezan a preparar unha gran exposición coas obras da avoa.
PRATOS COMBINADOS: O defunto Pereira
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina recibe unhas tan estrañas coma inquietantes cartas. A Caixa de Aforros anúncialle que axiña comezará a cobrar a súa pensión por ser viúva. Un representante de Pompas Fúnebres ofrécelle un amplo catálogo de lápidas. Miro Pereira non pensa que todo sexa producto dunha confusión, senón que, se cadra, realmente está morto.
PRATOS COMBINADOS: Banquetes
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro, animado polo seu cuñado Antón e polo dinámico Paspallás, decide comezar a facer banquetes para grandes grupos no local. As súas aspiracións de atraer turistas e celebracións vai tropezar coa dura realidade. Finalmente, un equipo de fútbol proporcionaralle a ocasión de facer un bo negocio.
PRATOS COMBINADOS: Coche novo
Miro recapacita sobre o seu vello coche e decide substituílo con urxencia. Pero os prezos do mercado animan a Miro e o seu cuñado Antón a buscar outras solucións. Así, polo Bar Suízo vai aparecer un sospeitoso vendedor capaz de proporcionarlle un fabuloso automóbil a un prezo incrible.
PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo
O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.
PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde
Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.
PRATOS COMBINADOS: Tarde de touros
Balbina, Rosalía e Carme descobren o mundo dos touros. Esta nova afección das mulleres esperta poucas simpatías en Miro e Antón. Mentres o sector feminino crea unha ‘peña taurina’, os homes deciden fundar unha asociación para a defensa dos animais. Os conflitos non se farán esperar.
PRATOS COMBINADOS: Galaxia Alfa
Miro Pereira vai alucinar unha noite, cando toda a familia volve da aldea, con estrañas luces no ceo, que o levan pensar nun posible OVNI. Obsesionado con esta visión, o propietario do Bar Suízo, comeza a mercar todo tipo de publicacións sobre extraterrestres e expedientes “X”, convencido como está de ser un contactado. O que non imaxina Miro é que o tío Antón e Paspallás están argallando unha broma que non sairá tan ben como eles esperaban.