div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 247

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O Feirón Mariñeiro de Rianxo, en ‘O termómetro', que tamén fala sobre accidentes de tractor, as causas da hernia de hiato e da suba de prezo dos legumes.

08:55 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1156

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 20.09.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1741

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:45 h

GALICIA BONITA: Sober

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. A cuadrilla de 'Galicia bonita' enfróntase á reforma extrema da casa de Pura en Sober. O equipo de Rosa Facal traballa contra o reloxo para transformar unha vivenda antiga chea de reformas mal feitas.

10:50 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1198

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:25 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3238

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Fernando Castro Paredes, gañador do l Premio Galaxia de Novela 75 Anos por ‘O lanzador de coitelos’, visita hoxe o estudio de 'ZigZag'.

11:50 h

SALA G: Ana Kiro contra Todxs

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Batalla musical con Tania Veiras, capitá do equipo anakirista, que conta co apoio das Supremas de Móstoles, Ruth Núñez, Kris Somad e Carolina Rubirosa, e, no equipo de ‘Todxs’, comandado por Manuel de Andrade, súmanse hoxe Xurxo Fernandes, as PanSenFron, GFace, Awa Famy, Laura Añón, Capitán Sabrosura e César Romero.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 20.09.2025

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.09.2025

Presenta David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.09.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

NO FOCO: NO FOCO 20.09.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:55 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 20.09.2025

16:00 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 11

Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorre as mellores festas de Galicia. Bruno e Borjamina comparten cos espectadores de ‘A superfesta' a multitudinaria e tradicional Romaría da Virxe da Barca de Muxía.

17:00 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VI 67

Sexta temporada deste espazo que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste programa, que está presentado por María Mera e conta cun xurado e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Os Satélites.

19:25 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 697

19:35 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 812

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 20.09.2025

Presenta David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 20.09.2025

22:10 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ II 51

Iniciamos unha nova semana no noso concurso e seguen participando Os Castrilleiros (Alba, Carlos e Héctor). Canda eles van loitar polo bote dous novos equipos procedentes ambos a dous de terras ourensás: Os Aurieneses (Concha, Enrique e Félix) e As Supremas de Ourense (Ana, Cris e Paula). O trío que sume máis puntos ao longo dos cinco días poderá continuar no programa.

22:45 h

A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: RAFA DURÁN - BORIS IZAGUIRRE. BAIONA.

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días.

22:50 h

A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Rafa Durán- Boris Izaguirre. Baiona

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O presentador Rafa Durán intentará en 'A miña gran cidade' que Boris Izaguirre quede en Baiona. O parador, a carabela Pinta e a Virxe da Rocha serán os lugares que lle amosará ao seu glamuroso convidado para convencelo.

23:55 h

A MIÑA GRAN CIDADE: ORTIGA - MANU TENORIO. SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Ortiga ensínalle hoxe os seus recunchos favoritos de Compostela a Manu Tenorio en 'A miña gran cidade'. O andaluz, un apaixonado de Galicia, sorprenderase coa aparición de Pili Pampín e mesmo se animará a cantar, antes de decidir se queda ou abandona a cidade.

00:00 h

A MIÑA GRAN CIDADE: ORTIGA - MANU TENORIO. SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Ortiga ensínalle hoxe os seus recunchos favoritos de Compostela a Manu Tenorio en 'A miña gran cidade'. O andaluz, un apaixonado de Galicia, sorprenderase coa aparición de Pili Pampín e mesmo se animará a cantar, antes de decidir se queda ou abandona a cidade.

00:00 h

A MIÑA GRAN CIDADE: Ortiga-Manu Tenorio. Santiago de Compostela

Presentado por Noelia Rey, este novo programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Ortiga ensínalle hoxe os seus recunchos favoritos de Compostela a Manu Tenorio en 'A miña gran cidade'. O andaluz, un apaixonado de Galicia, sorprenderase coa aparición de Pili Pampín e mesmo se animará a cantar, antes de decidir se queda ou abandona a cidade.

01:00 h

CURANDO O MUNDO: Serra Leoa e Liberia

Serie documental sobre o traballo do cirurxián galego Diego González Rivas. Consta de seis capítulos, en que percorre o mundo ensinando a súa técnica minimamente invasiva para operacións torácicas. O doutor González Rivas emprende hoxe unha misión médica en Serra Leoa e Liberia, dous dos países máis pobres do planeta. Os espectadores serán testemuñas de varios dos momentos máis tensos vividos ata o de agora polo cirurxián.

01:05 h

O PAXARO DAS PLUMAS DE CRISTAL

Sam Dalmas, un mozo escritor americano, está a punto de marchar de Roma para volver aos Estados Unidos. A noite antes da súa marcha asiste á agresión de Mónica Ranieri: alguén apuñálaa e desaparece na escuridade. O comisario Morosini é o encargado da investigación e informa a Sam da posible presenza dun asasino en serie na cidade: a mesma persoa que xa matara con arma branca a tres mozas, podería ter intentado apuñalar a Mónica. Sam decide aprazar a súa marcha e investigar pola súa conta.

01:55 h

PAXARO DAS PLUMAS DE CRISTAL, O

02:40 h

PRATOS COMBINADOS: A recomendación

A filla maior da familia Pereira está vivindo uns días de gran intranquilidade debido ás súas oposicións e o seu pai Miro, que é dos que aínda confían nas recomendacións, comeza a matinar algúns vellos métodos para superar os exames. Confiándose ao seu cuñado Antón, pídelle axuda para preparar unha estratexia que el cre infalible e na que intervirán lacóns, empanadas e viños do país.

03:05 h

PRATOS COMBINADOS: América, América

O fillo de Miro e Balbina séntese moi ilusionado polo intercambio que prepara o seu instituto cun colexio dos Estados Unido,s pero o certo é que as posibilidades de viaxar ao outro lado do océano son escasas debido ás dificultades económicas da familia Pereira. O tío Antón, coma sempre, intenta achegar as solucións que ten ao seu alcance, pero todos os enredos que pon en marcha non fan máis que empeorar as cousas.

03:35 h

PRATOS COMBINADOS: Escola de sedutores

O entrañable e ocorrente Paspallás, que tolea por unha rapaza, vaille pedir consellos ao tío Antón para que lle revele algúns dos seus segredos sobre como conquistar unha muller. Antón dáse por moi entendido na materia, pero un cúmulo de despropósitos vainos levar a unha situación ridícula.

04:00 h

PRATOS COMBINADOS: Unha nova estrela

O local familiar ten que pechar como consecuencia dunha inspección municipal. Con todo, o sempre ocorrente tío Antón vai saber converter esta desgraza nunha oportunidade para facer un bo negocio. Un produtor televisivo, interpretado polo coñecido actor Manuel Manquiña, alugará o local para rodar un anuncio, feito do que Rosalía sacará bo partido ao revelarse como unha auténtica estrela do espectáculo.

04:30 h

PRATOS COMBINADOS: Ola, Melanie

Miguel regresa dos Estados Unidos, onde realizou un curso de inglés, e chega acompañado dunha rapaza americana que coñeceu durante a súa estancia no estranxeiro. O contraste de costumes dará lugar a algunhas situacións cómicas, ao tempo que Miguel descobre xunto a Melanie o amor.

04:35 h

CASAMOS!: Tania e Manu

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. Un amor a proba de orquestra, o de Tania e Manu, protagonista hoxe en 'Casamos!'. Renovarán os seus votos despois de dez anos de matrimonio, durante os que tiveron que atravesar momentos complicados que puxeron a proba o seu amor.

04:55 h

PRATOS COMBINADOS: Adiviña quen vén cear

A nai de Miro Pereira recibe a visita de Valentín, un antigo amor da mocidade, e con el veñen novas ilusións. Así que Carme decide preparar para el unha cea íntima no Bar Suízo e para poder quedar soa no bar terá que recorrer a algunhas pequenas mentiras que complicarán a situación ata límites insospeitados.

05:25 h

PRATOS COMBINADOS: A fuxitiva

Migueliño está moi interesado polos dereitos dos rapaces. Coa cámara de vídeo do seu tío Antón prepara unha reportaxe sobre esta cuestión. Os problemas da súa amiga Martiña co pai vanlle proporcionar un material apaixonante, pero as intervencións de Miro e de Balbina non farán máis que complicar a situación da rapaza.

05:40 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 812

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

05:45 h

PRATOS COMBINADOS: A tía Matilde

A familia Pereira recibe o anuncio da visita da tía Matilde, da que hai moito que non saben nada. A seria e piadosa tía Matilde -interpretada pola actriz Luma Gómez- cambiou moito nos últimos anos. A súa afección pola música rock dará algunha sorpresa e algún que outro desgusto no Bar Suízo.

06:10 h

PRATOS COMBINADOS: Papá por sorpresa

Antón está de aniversario e recibe unha chea de agasallos das súas amigas. Entre os libros, frascos de colonia e outros obxectos que deixan as amigas no Bar Suízo, aparece un bebé. Todo apunta a que Antón é o pai da criatura. A súa irmá, Balbina, axúdao a coidar do cativo mentres buscan a nai.

div-crtvg-top2

Publicidade