TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 18.09.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 18.09.2025
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe entrevistas con María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda, e con Carlos Otero, experto de Meteogalicia.
ESTACHE BO!: Torta fría de queixo e pitaia
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
ESTACHE BO!: TORTA FRÍA DE QUEIXO E PITAIA
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 247
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O Feirón Mariñeiro de Rianxo, en directo en ‘O termómetro', que tamén fala sobre accidentes de tractor, as causas da hernia de hiato e da suba de prezo dos legumes.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 18.09.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 18.09.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 18.09.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 18.09.2025
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1173
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 810
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.09.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 18.09.2025
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER TUNAI SHOW XXVII 400
Programa de humor presentado por Roberto Vilar, apoiado polas intervencións cómicas de Eva Iglesias e Roi Méndez. Celebración por todo o alto hoxe no 'Land Rober Tunai Show', que alcanza os 400 programas. Nesta edición tan especial, o programa da TVG recibirá a visita do coruñés Lucas Yáñez, campión de Europa de patinaxe artística, e contará coa música de Ortiga.
PERDIDA
O día do seu quinto aniversario de voda, Nick Dunne informa que a súa esposa Amy desapareceu misteriosamente. Pero axiña a presión policial e mediática fai que o retrato de felicidade doméstica que ofrece Nick axiña comece a cambalearse. Ademais, a súa estraña conduta convérteo en sospeitoso e todo o mundo comeza a preguntarse se matou a súa muller.
PERDIDA
O día do seu quinto aniversario de voda, Nick Dunne informa que a súa esposa Amy desapareceu misteriosamente. Pero axiña a presión policial e mediática fai que o retrato de felicidade doméstica que ofrece Nick axiña comece a cambalearse. Ademais, a súa estraña conduta convérteo en sospeitoso e todo o mundo comeza a preguntarse se matou a súa muller.
ZIGZAG: ZIGZAG 3236
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
PRATOS COMBINADOS: Candidato Miro
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O dono do bar entra con forza na loita política por ocupar a presidencia da asociación de veciños. Para presentarse contará coa inestimable colaboración do seu cuñado, Antón, co que leva a cabo unha impresionante campaña electoral en que non faltarán nin os subornos nin as chantaxes, chegando incluso á manipulación dunha urna.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 810
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
PRATOS COMBINADOS: Animaliños
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío conductor será o declarado amor de Migueliño, fillo do matrimonio Pereira, a todos os animais... irracionais. Deste xeito, o benxamín da familia atopa na rúa un gato abandonad, e decide levalo para a casa, malia que é consciente de que o terá que agochar, porque os seus pais non lle darán permiso para telo na casa. Esta inofensiva manobra de Migueliño para ofrecerlle un fogar ao gato non será máis que a primeira espoleta que desencadee unha serie de divertidas situacións e de malentendidos.
PRATOS COMBINADOS: Festa de cumpreanos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Migueliño chega á conclusión de que xa é hora de encargarse dos seus propios asuntos, para non ser tratado como un neno toda a vida. Por iso, convence os seus pais para que lle deixen organizar a súa festa de aniversario e, a maiores, contará coa ‘axuda’ do tío Antón.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XX 1173
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
PRATOS COMBINADOS: Derbi galego
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Xira arredor da transmisión televisiva do derbi futbolístico Celta-Dépor e das intencións de Miro Pereira de que o Bar Suízo sexa visitado por moitos afeccionados para ver o partido. Pero unha inoportuna e complicada avaría do receptor de televisión pon en perigo os plans de Miro, sobre todo, cando os intentos de Antón e Paspallás por arranxar o aparato non fan máis que empeorar as cousas.
PRATOS COMBINADOS: En brazos de Morfeo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo están ocorrendo misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixiancia á que someten a cociña todos os membros da familia Pereira, as desaparicións seguen a producirse. A situación agrávase cando o imprevisible ladrón leva a quiniela que fixeran entre Balbina, Antón e Paspallás, xa que está premiada con trece acertos.
PRATOS COMBINADOS: A guerra das hamburguesas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina soña con ter un día un pequeno restaurante onde demostrar as súas artes culinarias, lonxe dos clientes apresurados e convencionais do Bar Suízo. Sabedora de que non é doado plantexarlle o asunto a Miro e para tentear se o seu home está disposto a mudar de aires, Balbina inventa unha falsa oferta: unha cadea de hamburgueserías inexistente está disposta a mercar o bar.
PRATOS COMBINADOS: Amnesia
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío argumental xira arredor dunha perigosa perda de memoria sufrida por Antón. Un golpe fortuíto na cabeza, provocado por un descoido de Miro, produce amnesia no cuñado de Miro. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre. Pero cando gasta a recadación do bar en mercar rifas para a viaxe de fin de curso de Migueliño, comezan a ver o asunto con outros ollos.
PRATOS COMBINADOS: Dillo con flores
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro terá que aguantar a ‘presión’ da sospeita de infidelidade por parte da súa dona Balbina. Balbina está desgustada, xa que Miro esqueceu felicitala no seu aniversario. Pero o seu home, ‘asesorado’ por Antón e Paspallás, comeza a pensar que Balbina ten un amante. Un ramo de rosas que debía ser o primeiro paso da reconciliación acaba nas mans equivocadas e complica aínda máis a situación, provocando o desencontro de Fran e Rosalía.
PRATOS COMBINADOS: Bolero
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A audiencia volverá atopar un Miro Pereira emprendedor, decidido e disposto a que o Bar Suízo sexa o de máis clientela da cidade. Deste xeito, ao comprobar como algúns bares da competencia están a facer un gran negocio coas actuacións musicais, e despois dun concienzudo ‘asesoramento’ por parte do tío Antón, Miro decide buscar un cantante que sirva como reclamo para a clientela. Así, pois, disponse a escoitar varios candidatos e, finalmente, deciden contratar a Silvana das Mirindas, famosa intérprete de boleros, para que anime o bar durante as noites das fins de semana.