div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.09.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.09.2025

Presenta Antía Araújo, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Soralla Meijome Blanco, coordinadora do Centro de Saúde de Silleda.

10:50 h

ESTACHE BO!: Verduras variadas recheas de vaca rubia

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 239

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa 'O Termómetro' estará hoxe pendente da volta ao cole e dará todos os detalles sobre as doazóns de medula.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.09.2025

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.09.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.09.2025

15:50 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 08.09.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.09.2025

21:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 43

Fran Nogueira recibe por terceiro día consecutivo no estudio do ‘Eu sei + ca ti’ os equipos de “#mosmoito” (Amparo, Pilar e Sergio), “Os Bukalóns” (Fredo, Lenti e Louris) e “Os Escalenos” (Antonio, Marcos e Suso). Aquel que chegue á final pode ir á caixa forte para introducir nela unha combinación a ver se logra abrila e gañar os 6.000 euros.

22:20 h

CASAMOS!: A historia de amor de Amanda e Alejandro

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. O amor xunta en Coristanco unha brasileira e un madrileño na nova edición de 'Casamos!' de hoxe. Unhas miradas furtivas nun local de ocio nocturno foron o inicio da relación entre Amanda e Alejandro.

23:35 h

CASAMOS!: A historia de Vanessa e Brais

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verase a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Unha voda divertida, chea de sorpresas e moi emocionante, a de Vanessa e Brais, esta noite no espazo 'Casamos!'. Un malentendido foi a escusa para que os seus camiños se cruzaran hai catro anos e agora, tras varias pedidas de man, chegou o momento de festexar o seu amor.

00:50 h

A VINGANZA DE ULZANA

Cando o xefe indio Ulzana escapa dunha reserva xunto a un grupo de guerreiros, un mozo e idealista tenente do exército será o encargado de capturalo, vivo ou morto. Para esta perigosa misión contará coa axuda dun veterano explorador, convencido de que o único xeito de combater a violencia india é usando unha violencia superior.

02:25 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

03:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 08.09.2025

div-crtvg-top2

Publicidade