TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Milfollas de berenxena e queixo fresco
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 232
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 30.08.2025
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1702
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
FANÁTICOS: Marc Anthony
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado. Juan Sieira sorpréndese hoxe cun dobre de Marc Anthony. O presentador intentará entregar a pandeireta ao rei da salsa na súa visita á Coruña e acaba atopando a un inesperado sosia.
FANÁTICOS: Gente de zona
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado. O incansable Juan Sieira ten como misión especial entregar a pandeireta do programa a Gente de Zona, o famoso dúo cubano de salsa que enche, nesta ocasión, o parque de Castrelos de ritmo e enerxía.
A MACROVERBENA: MONTALVO FEST
Espectáculo que tivo lugar dentro da programación do Montalvo Fest, e que xuntou a máis de 7.000 persoas nunha auténtica marea de música, luz e emoción. As dúas formacións máis emblemáticas da verbena galega, París de Noia e Panorama, enfrontaranse nunha sucesión de actuacións magníficas en que os propios asistentes e fans defenderán ás súas orquestras preferidas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 30.08.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.08.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.08.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 30.08.2025
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS
Sexta temporada deste espazo que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste programa, que está presentado por María Mera e conta cun xurado e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Os Satélites. Hoxe daranse a coñecer os catro membros do xurado, os oito novos concursantes e a dinámica do concurso.
A TARDE DA LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A TARDE DA LIGA DOS CANTANTES EXTRA ORDINARIOS 1
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS
Sexta temporada deste espazo que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste programa, que está presentado por María Mera e conta cun xurado e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Os Satélites. Fan aparición os nervios entre os padriños e os concursantes hoxe en 'A liga dos cantantes extraordinarios'. Os aspirantes enfróntanse este martes as primeiras impresións do xurado e comparten distintos trucos que realizan antes de saír ao escenario.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 691
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 30.08.2025
Presentan Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 30.08.2025
BICOS E BICAS: Percebe
Presentado por Arturo Fernández, programa en que os protagonistas serán os pratos máis emblemáticos da gastronomía galega. TVG procura o percebe perfecto en 'Bicos e bicas'. Percebeiros e percebeiras de Aguiño, Baiona, Cedeira e Corme reivindican no programa as particularidades de cadanseu produto.
É HORA DE FESTA: Festa do Pan de Cea
Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. Tras dous anos de parada pola covid-19, Cea acolle unha nova edición desta festa, cos mesmos ingredientes das celebracións tradicionais, a exaltación dun pan que conta con Indicación Xeográfica Protexida.
VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 211
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. ‘Vaia Troula' pecha o mes de agosto na Festa da Istoria de Ribadavia, de Interese Turístico Nacional. O programa tamén estará no Folión de Carros de Chantada, na Festa da Vendima de Leiro e na emocionante procesión do Cristo do Consolo de Cangas.
É HORA DE FESTA: Festa do Percebe do Roncudo
Programa fresco e divertido que percorre festas gastronómicas e patronais galegas. A localidade de Corme repartiu este sábado ao redor de 1.000 quilos de percebes na súa XXX edición da Festa do Percebe. As actividades comezaron ao mediodía coa misa cantada na honra ós mariñeiros e percebeiros falecidos. Ás 13:00 horas tivo lugar a inauguración oficial da festa e a lectura do pregón a cargo de Marcial Mouzo, seguido da repartición e degustación de percebes. Unha xornada para gozar da música de grupos folclóricos e da gran verbena.
VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 211
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. ‘Vaia Troula' pecha o mes de agosto na Festa da Istoria de Ribadavia, de Interese Turístico Nacional. O programa tamén estará no Folión de Carros de Chantada, na Festa da Vendima de Leiro e na emocionante procesión do Cristo do Consolo de Cangas.
O DESERTO VERMELLO
Nunha zona industrial do norte de Italia, Giuliana sente que perdeu a súa identidade como muller, atrapada dentro do seu matrimonio. Aínda que coñece a Corrado, un compañeiro do seu home, e xorde unha atracción entre eles, Giuliana segue sen dar con ese ansiado alivio á súa crise de identidade.