TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.08.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.08.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Pan de Ousá recheo de año e queixo de Friol
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 229
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os colaboradores de ‘O termómetro' falan da influenza da xenética e indican exercicios para as persoas maiores, amais de comentar distintas cuestións da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.08.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.08.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.08.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.08.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.08.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 32
A combinación da caixa forte segue indescifrable para os nosos concursantes. Van intentar abrila hoxe os equipos de 'Os Cucos' (Gara, Martín e Meri), 'Os Escalenos' (Antonio, Marcos e Suso) e 'As do Castro' (Belén, Candela e Pili), que veñen desde Vigo. Se non logran acertar o código secreto, os finalistas levan un premio de 225 euros.
CASAMOS!: Patri e Luis
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. Esta parella de Quiroga casa tras 10 meses de relación. A significativa diferenza de idade supuxo para a parella problemas con familiares e amigos. A maneira de ser de Luis, excesivamente cariñoso coas mulleres, tamén trae de cabeza a Patri que non pode controlar os seus celos.
CASAMOS!: A historia de amor de Andrea e Jacobo
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Hoxe, a protagonista é unha parella a todo gas, formada por Andrea e Jacobo. Coñecéronse nun rally, a súa relación foi toda unha carreira e agora preparan unha voda por todo o alto que dará moito que falar.
AMERICAN GANGSTER
Na Nova York de 1968, Frank Lucas é un chofer taciturno dun mafioso importante negro de Harlem. Cando o seu xefe morre inesperadamente, Frank aproveita a oportunidade para construír o seu propio imperio. Grazas ao seu talento, convértese non só no principal narcotraficante da cidade, senón tamén nun home público moi respectado. Richie Roberts, un policía incorruptible, marxinado pola súa honradez, dáse conta de que unha persoa allea aos clans está trepando ao poder. Roberts e Lucas son dúas figuras solitarias en lados opostos da lei, cuxo enfrontamento será inevitable cando se atopen.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.08.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.