TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Filetes de lirio en salsa de noces
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 227
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de falar do aumento de ventas de vivenda con inquilino, ‘O termómetro' explicará os riscos do fume na saúde e as accións prohibidas para evitar incendios.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 16.08.2025
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1701
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
CONFIDENCIAS: Ángel Carracedo
Andrés Ramos viaxa a Santiago para encontrase co xenetista Ángel Carracedo e falar sobre a súa vida máis íntima. Tamén debaterán sobre o individualismo e traballo en equipo. O xenetista Ángel Carracedo é hoxe o convidado do programa, onde reflexionará sobre o individualismo e o traballo en equipo

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS IV 47
María Mera conduce a cuarta temporada do programa, en que oito concursantes loitarán cada semana para conseguir a mellor puntuación do xurado, para o que contarán co apoio e apadriñamento de artistas de catro grandes orquestras galegas. A TVG achega hoxe un especial de 'A liga das familias extraordinarias' repleto de sorpresas, risas e emocións. Oito dos cantantes, que participaron no concurso de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’, actúan nesta gala coas súas persoas máis achegadas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 23.08.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.08.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.08.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.08.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 22
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
MORRA O CONTO: Sanxenxo vs. Mera
Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. Sanxenxo e Mera compiten hoxe en ‘Morra o conto’ por ser a perla do turismo costeiro en Galicia. Enfróntanse neste duelo o destino vacacional de referencia para moitas personalidades de sona cun lugar que conxuga turismo de calidade con tranquilidade.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 44
Dani Polo visita novamente a cidade de Lugo na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. Cinco valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata un total de 100 euros por quenda.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 689
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.08.2025
Presentan Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 23.08.2025
BICOS E BICAS: Empanada
Presentado por Arturo Fernández, programa en que os protagonistas serán os pratos máis emblemáticos da gastronomía galega. Buscarase a empanada preferida dos galegos e a clasificación final virá determinada pola ponderación de tres resultados parciais: unha enquisa realizada nas catro provincias; a valoración dun equipo de 15 profesionais con amplos coñecementos sobre gastronomía de Galicia e a opinión de 50 persoas que catarán as empanadas finalistas no estudio de ‘Bicos e Bicas’.
VAIA TROULA: VAIA TROULA XVII 210
Espazo de entretemento que percorre as mellores festas galegas, presentado por Noelia Rey, na compaña das reporteiras Adela Bértolo, Amanda Fernández e Noelia Salgado. Compiten como mellor manxar a Ameixa do Carril e a empanada de Bandeira. As reporteiras do espazo estarán tamén na festa dos Caneiros de Betanzos, na do Naufraxio de Laxe, o Esquecemento de Xinzo de Limia e a Malla de Doade.
O LONGO VENRES SANTO
Harold Shand (Bob Hoskins) é un exitoso gánster londinense que aspira a ser o lexítimo propietario dos Docklands abandonados para construír un casino e outras urbanizacións con diñeiro da mafia estadounidense. Victoria (Helen Mirren) é a súa media laranxa, máis lista que el. Mentres goza de champaña con policías corruptos e o mafioso estadounidense Charlie, un sicario do IRA (Pierce Brosnan) asasina á súa man dereita. O seu outro home, Eric, é aniquilado por un coche bomba fronte á igrexa o Venres Santo. Harold tenta descubrir a causa e descobre que un pequeno negocio, descoñecido para el e relacionado co IRA, saíu terriblemente mal. O IRA responsabiliza persoalmente a Harold.