TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 22.08.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.08.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Carne asada de Angus con patacas e verduras
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 228
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Amais de asistir á Festa da Empanada de Bandeira, ‘O termómetro' dá unhas pautas para previr caídas en persoas maiores e comenta a nova moda de alugar só a piscina.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.08.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.08.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.08.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.08.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.08.2025
A MACROVERBENA: MONTALVO FEST
'A Macroverbena: Montalvo Fest' é un programa musical no que as orquestras Panorama e París de Noia compiten por: posta en escena, potencia vocal, coreografía, vestiario, innovación e fervor seareiro. Espectáculo que tivo lugar dentro da programación do Montalvo Fest, e que xuntou a máis de 7.000 persoas nunha auténtica marea de música, luz e emoción. As dúas formacións máis emblemáticas da verbena galega, París de Noia e Panorama, enfrontaranse nunha sucesión de actuacións magníficas en que os propios asistentes e fans defenderán ás súas orquestras preferidas.
É HORA DE FESTA: Festa do Xamón da Cañiza
Programa fresco e divertido que percorrerá durante este verán unha vintena de festas gastronómicas e patronais galegas. O espazo dará conta da 56 edición desta feira, que enxalza a calidade do xamón galego e que desenvolveu novas edicións do VII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón, con Máster class de corte e cata de viños, e moita música a cargo de orquestras galegas, entre outras actividades.
A BATALLA ESQUECIDA
Ano 1944, en plena 2ª Guerra Mundial. Mentres as tropas aliadas avanzan coa intención de liberar Holanda, tres mozos están en plena batalla do estuario do Escalda: un piloto británico, un holandés que loita no bando alemán e unha muller cuxo irmán está enrolado na resistencia neerlandesa. A pesar de ter diferentes puntos de vista, todos loitan por un mesmo obxectivo: a liberdade.