TVG - CSAG
ESTACHE BO!: Polbo con fabas de Lourenzá
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 223
Magazine diario, presentado por Rocío Padín e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A Feira do Xamón da Cañiza e a Champions Burguer, citas de ‘O termómetro', que fala tamén da acción da Fundación Raíña Sofía tras os incendios e das praias sen fume.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1981
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 599
A Unidade de Atención Pastoral (UPA) é unha agrupación de parroquias que comparten sacerdotes e une ós catequistas, acólitos e voluntarios de Cáritas. A UPA de Ribeira leva un ano funcionando e é unha boa experiencia para os fieis.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 440
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 17.08.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1180
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 8
Nesta entrega aprendemos a dar autonomía aos cativos dun xeito responsable, a xestionar mellor as perrenchas e a acostumar os pequenos a durmir sós con catro sinxelos trucos. Hoxe o programa achegará leccións para fomentar a independencia dos cativos e para xestionar as perrenchas.
FESTA NA BAIUCA
Docushow que retrata a troula característica dos bares de praia máis famosos de Galicia e a vida cotiá dos areais que acollen estes establecementos. ‘Festa no Chiringuito’ estará nas praias de Pragueira, en Sanxenxo, e de Doniños, en Ferrol, dous areais emblemáticos con ‘chiringuitos’ fóra do común.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 17.08.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.08.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.08.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 17.08.2025
DIA G. ONDE ESTÁS TI (MELLORES MOMENTOS)
A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 6
Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorre as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta’ vive hoxe a multitudinaria exaltación do polbo do Carballiño. Os presentadores avaliarán as tradicións, a troula e a gastronomía dunha das grandes citas festivas do verán galego.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 43
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 688
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 17.08.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 17.08.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 26
Chega unha nova semana ao ‘Eu sei + ca ti’ e seguen con nós “Os Escalenos” (Antonio, Marcos e Suso). Xunto a eles van competir por vez primeira “Os Tinaquero” (Adrián, Juan e Tere), procedentes da Coruña, e “Morraliñas” (Bárbara, Lorena e Pili), que veñen desde o Morrazo. A caixa forte está esperando que algún dos equipos a abra e leve os 6.000 euros.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 7
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. ‘Bailamos celebrity’ entra en semifinais con seis bailaríns dispostos a brillar no escenario. Os concursantes elixen as súas cancións favoritas para coreografías que prometen emoción, intensidade e espectáculo.
PANORAMA. A DESPEDIDA DE FÁTIMA NO OBRADOIRO
A TVG achega hoxe o último concerto da popular Fátima Pego no Obradoiro. No transcurso do especial, a cantante galega desvelará porque puxo fin a súa etapa na orquestra Panorama, decisión que deixou os seus fans moi impactados.
A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 6
Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorre as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta’ vive hoxe a multitudinaria exaltación do polbo do Carballiño. Os presentadores avaliarán as tradicións, a troula e a gastronomía dunha das grandes citas festivas do verán galego.