TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.08.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.08.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 13.08.2025
ESTACHE BO!: Polbo con fabas de Lourenzá
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 221
Magazine diario, presentado por Rocío Padín e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa coñece hoxe o barquilleiro do Grove e fala sobre o furtivismo, das trabas legais nos casos de persoas desaparecidas e dunha fraude hostaleira nas Illas Ons, entre outros temas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.08.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.08.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.08.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.08.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.08.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 24
O equipo baiés de “Os Escalenos” (Antonio, Marcos e Suso) está demostrando ser un duro rival para os “Vetsenfron” (Cathaysa, Nico e Roi) e para “Os Kolas” (Alexis, Koldo e Lara). O gañador de cada programa leva 225 euros se non consegue abrir a nosa caixa forte, que agocha os 6.000 euros do bote.
A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 6
Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorre as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta’ vive hoxe a multitudinaria exaltación do polbo do Carballiño. Os presentadores avaliarán as tradicións, a troula e a gastronomía dunha das grandes citas festivas do verán galego.
SOPA DE FESTA: Sopa da Ameixa de Carril
Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. A 26 edición da Festa da ameixa de Carril ocupará o tempo deste programa, que lles achega aos espectadores un monográfico dalgunha das mellores celebracións gastronómicas espalladas polo país. Carril é unha das máis famosas parroquias do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, coñecida tamén por ser das máis marisqueiras de toda Galicia, onde gran parte da súa poboación vive do mar e do cultivo e da extracción da ameixa.
OS CORISTAS
Ambientada en 1948, Clément Mathieu, profesor de música, convértese en supervisor dun internado de rehabilitación para menores. O que descobre desconcértao: a situación actual é represiva. Mediante o poder da canción, Clément tenta transformar aos estudantes.
FANÁTICOS: FANÁTICOS 7
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado. O festivaleiro Juan Sieira achégase hoxe a Pontevedra para intentar entregarlle a pandeireta do programa a Jennifer López.