TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.08.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.08.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Dous petiscos con patacas 'Kennebec'
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 217
Magazine diario, presentado por Rocío Padín e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.08.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.08.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.08.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.08.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.08.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 20
Última posibilidade na nosa particular semana para os equipos de “Non lle apuntas a un cesto” (Hadrián, Pablo e Vítor), “Vetsenfron” (Roi, Cathaysa e Nico) e “Sen Cancelas” (Carmiña, Manuela e Merchi) de abrir a caixa forte. Ademais de loitar polo bote, cada equipo debe tratar de sumar máis puntos ca os seus rivais para poder continuar no programa.
O LAND ROBER NON PARA: O LAND ROBER NON PARA 6
Este verán, ‘Land Rober non para’ chega á TVG para seguir enchendo de humor, música e emocións as noites dos xoves. O programa, liderado por Roberto Vilar e o seu equipo, continuará sendo un espazo de referencia para rir, abraiarse e compartir grandes momentos en familia durante a temporada estival. O fútbol é protagonista hoxe no programa, coa visita de Augusto César Lendoiro, Borja Iglesias e Claudio Giráldez. O expresidente do Deportivo e o xogador e o adestrador do Celta repasarán a traxectoria dos dous equipos e participarán nas bromas do programa.
A ESPIA QUE ME AMOU
A desaparición en augas de Exipto de dous submarinos nucleares pertencentes ás dúas potencias, leva a sospeitar que é obra dunha organización moi ben preparada. Un axente angloamericano e unha comandante soviética deberán encargarse do caso e, para complicar as cousas, namóranse.