div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 06.08.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

09:00 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

10:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.08.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

10:45 h

O AGRO: O AGRO 06.08.2025

10:50 h

ESTACHE BO!: Polo en salsa de mel picante

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 216

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.08.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.08.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera. Con motivo do Trofeo Emma Cuervo, hoxe realizase en directo desde Ribadeo.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.08.2025

15:40 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

FÚTBOL: Trofeo Emma Cuervo: R.C. Deportivo– R. Oviedo

En directo.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.08.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.08.2025

21:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 19

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

22:20 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 5

‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. Bruno e Borjamina levan hoxe ‘A Superfesta' ao Albariño de Cambados. Os dous Mozos de Arousa avaliarán tradicións, troula e gastronomía dunha das grandes citas festeiras galegas.

23:25 h

FANÁTICOS: FANÁTICOS 6

Desta vez o obxectivo do 'fanático' Juan Sieira é o cantante latino Nicky Jam, un dos artistas máis esperados no Bigsound Festival de Pontevedra. Para entregarlle a pandeireta do programa, Juan fala co seu tatuador e métese na traseira do escenario, onde coñecerá o dúo colombiano Cali y El Dandee.

23:55 h

SÓ PARA OS TEUS OLLOS

Un barco espía británico afúndese diante das costas gregas. Con obxecto de recuperar os seus valiosos instrumentos, o Alto Mando inglés envía un prestixioso científico que, xunto coa súa dona, non tardará en morrer asasinado. O Goberno non terá outro remedio que enviar á zona o superaxente 007, James Bond, quen non só deberá atopar o asasino e impedir que o servizo de espionaxe inimigo se faga cos tesouros do barco, senón que deberá tamén ter conta da fermosa Melisa, filla do matrimonio morto, para que esta non tome a vinganza pola súa man.

02:00 h

A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A Little Galicia de Nova York

Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. 'A grande epopea de Galicia' coñecerá hoxe a pegada que deixaron os milleiros de galegos que arribaron a Nova York desde finais do século XIX.

03:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:30 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.08.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

04:00 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.08.2025

div-crtvg-top2

Publicidade