div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

ESTACHE BO!: Empanadillas de caracois con salsa de chourizo

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

07:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 213

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' comeza o mes de agosto con consellos para facer de xeito eficiente a maleta de vacacións e para alugar un coche durante as viaxes.

09:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1979

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 597

A diocese de Ourense organiza por segundo ano o campamento diocesano na casa de convivencia situada en Porto do Son. Durante unha semana, uns 90 nenos e mozos comparten tempo de praia, actividades recreativas, educativas e tamén momentos de oración, nun ambiente propicio para o crecemento espiritual e persoal.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 438

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 03.08.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1192

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 6

Neste programa aprendemos diferentes estratexias para reducir e mellorar o uso das pantallas entre os nenos. O programa ‘Pais en apuros’ aborda esta semana a relación dos nenos coa tecnoloxía.

11:50 h

A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 4

‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. Nunha nova aventura de 'A Superfesta', Bruno e Borjamina gozarán esta semana das Festas do Apóstolo de Santiago. Terán a oportunidade de vivir en primeira persoa a música, os desfiles de xigantes e cabezudos e a chegada de milleiros de peregrinos á capital de Galicia.

13:00 h

SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 18

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 03.08.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.08.2025

Presenta Raquel Domínguez.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.08.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 03.08.2025

16:30 h

AQUÍ GALICIA FEST: Redondela

O equipo do programa chega a Redondela para montar a festa na Alameda de Castelao. Fran Nogueira é o pregoeiro deste programa e contamos coas actuacións de Guillermo Castro, das Afoutiñas e do Aquí Galicia Band. 'Aquí Galicia Fest' chega esta tarde a Redondela, con música, gastronomía e maxia, e co actor Fran Nogueira como pregoeiro.

18:35 h

FAKE NEWS: FAKE NEWS II 40

Dani Polo visita a vila de Sarria na procura de concursantes dispostos a gañar 100 euros. Os viandantes máis valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto.

19:20 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 684

19:30 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:45 h

ESPECIAL RELIXIOSO: Procesión do Cristo da Vitoria 2025

A Televisión de Galicia retransmite este domingo, en directo desde Vigo, a procesión do Cristo da Victoria, un evento multitudinario considerado como un dos grandes fitos da Semana Grande da cidade olívica, que será comentado polo xornalista da TVG Moncho Lemos.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 03.08.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 03.08.2025

21:55 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 16

Empezamos outra semana no ‘Eu sei + ca ti’ e seguen con nós os bergantiñáns de “Non lle apuntas a un cesto” (Hadrián, Pablo e Vítor). Van loitar con eles polos 6.000 euros da caixa forte dous novos equipos: os “Vetsenfron” (Roi, Cathaysa e Nico), que veñen dende Lugo, e os “Sen Cancelas” (Carmiña, Manuela e Merchi), que chegan dende Santa Comba.

22:30 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 5

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. Éxitos como 'Terra', 'Everybody needs somebody' e 'Nochentera' soarán este domingo en 'Bailamos Celebrity'. Os 12 concursantes darano todo con coreografías rompedoras nesta nova e emocionante entrega do programa.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 03.08.2025

div-crtvg-top2

Publicidade