TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 29.07.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 28.07.2025
BOS DÍAS: BOS DÍAS 29.07.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 29.07.2025
ESTACHE BO!: Peituga de pavo con cúrcuma e cuscús
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 210
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa ‘O Termómetro’ asistirá á procesión de Santa Marta de Ribarteme e visitará en Vilalba o primeiro centro de adestramento de motoserradores de Galicia.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 29.07.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 29.07.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
FÚTBOL: Pretemporada: Grasshopper-R. C. Celta
En directo.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 29.07.2025
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 29.07.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 13
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS
Sexta temporada deste espazo que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste programa, que está presentado por María Mera e conta cun xurado e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Os Satélites. Último asalto cara á final de 'A Liga dos Cantantex Extraordinarios', esta noite, na Televisión de Galicia. Despois de que Ángel e Yordanys se clasificaran a semana pasada, ao resto de compañeiros tócalles loitar por facerse con un dos outros tres postos dispoñibles.
COMISIÓN DE FESTAS: San Cristovo de Mesía
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.
SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 15
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. 'Soño contiGo' amosa este domingo imaxes inéditas de media ducia de faros galegos que se restauraron para ofrecer servizos hostaleiros.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.07.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1978
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
ESTACHE BO!: Peituga de pavo con cúrcuma e cuscús
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.