div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.07.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.07.2025

Presenta Alberto Mancebo.

09:25 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 27.07.2025

09:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.07.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

10:50 h

ESTACHE BO!: Torta 'relada' de framboesas e chocolate

Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 209

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os espectadores de ‘O Termómetro’ saberán hoxe como aumentou o furtivismo en Cabo de Cruz e como se transmitiu o oficio de colareira de xeración en xeración na illa da Toxa.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.07.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.07.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.07.2025

15:45 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.07.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.07.2025

21:45 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 12

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

22:25 h

CASAMOS!: A historia de amor de Ángela e Juan Carlos

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Ángela e Juan Carlos celebran este luns as súas vodas de prata no programa 'Casamos!'. Ao longo de todo este tempo houbo altos e baixos no matrimonio, pero nada impediu que o amor triunfase entre eles.

23:25 h

CASAMOS!: A historia de amor de Yaiza e Iván

As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verán a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. A historia dun amor a primeira vista, o de Yaiza e Iván, esta noite no programa 'Casamos!'. Despois de seis anos xuntos e dous fillos en común, deciden casar nunha voda que organizaron en só catro meses.

00:35 h

LUME: LUME 5 / Onde hai fume

Serie. A actriz Cristina Castaño lidera o elenco de ‘Lume’, a nova produción da TVG sobre o impacto dos incendios forestais. Trátase dun thriller xornalístico de seis capítulos, con fondo social e ecolóxico, rodada en galego e portugués. Lucía, unha xornalista asentada en Lisboa, regresa á súa localidade natal tras un devastador incendio forestal. Convencida de que o lume non foi accidental, iniciará unha investigación que sacará á luz unha perigosa rede de intereses económicos e políticos. A protagonista de ‘Lume’ descobre esta noite unha conexión directa entre a empresa WindProm e os incendios provocados. A tensión aumenta cando Júlio se sente utilizado por Lucía e decide cortar a relación.

01:25 h

ESPERANZA

A relación entre unha parella de artistas ponse a proba cando a ela lle descobren un tumor que pode acabar coa súa vida. Que sucede cando a unha muller de mediana idade lle prognostican tres meses de vida? Anja e Tomas viven con tres fillos en común e outros tres dun matrimonio anterior del. Durante os últimos anos a parella distanciouse. A Anja diagnostícanlle un tumor cerebral debido a unha metástase dun cáncer de pulmón que padecera hai un ano. A mala nova chega no Nadal, a vida cámbialles por completo e iso porá a proba ese amor desatendido.

03:25 h

PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 5

Espazo didáctico e divertido, presentado por María Mera, que ofrecerá unha morea de consellos para a crianza dos fillos. O espazo ‘Pais en apuros’ achega hoxe trucos e experimentos para estimular o interese dos máis pequenos pola ciencia.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Marcial Mouzo, Noa García e Marcos Pereiro, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 28.07.2025

div-crtvg-top2

Publicidade