TVG - CSAG
FANÁTICOS: Fanáticos de Rigoberta Bandini
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado…
ESTACHE BO!: Feixóns redondos aliñados con lombo de salmón
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 208
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1978
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 596
Visitamos o santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra, en Begonte. A este lugar acoden milleiros de peregrinos cada ano buscando o favor da Virxe. Coñecemos a historia do santuario e de como se leva a cabo o labor pastoral nesta zona.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 437
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 27.07.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1194
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
PAIS EN APUROS: PAIS EN APUROS 5
Neste episodio probamos algúns experimentos caseiros para estimular o interese pola ciencia, damos algúns consellos para incentivar o amor pola natureza e vemos coa nosa psicóloga Paloma varias claves para mellorar a linguaxe dos pequenos. O espazo ‘Pais en apuros’ achega hoxe trucos e experimentos para estimular o interese dos máis pequenos pola ciencia.
A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 3
‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta' da TVG estará presente nas emocionantes Festas do Carme de Camariñas. Bruno e Borjamina, dous dos mozos de Arousa, avaliarán as tradicións, a troula e a gastronomía da gran celebración dos mariñeiros, mentres que as reporteiras do programa achegaranse a Aguiño, Marín, Rianxo, Cangas e Moaña.
SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 15
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. 'Soño contiGo' amosa este domingo imaxes inéditas de media ducia de faros galegos que se restauraron para ofrecer servizos hostaleiros.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 27.07.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.07.2025
Presenta Raquel Domínguez.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.07.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 26.07.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. Nunha edición especial de ‘No Foco’ dedicada ao 40 aniversario da TVG, os espectadores poderán ver a evolución da canle pública galega durante estas catro décadas.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 27.07.2025
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 17
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
AQUÍ GALICIA FEST: Praza da Constitución de Vilalba
Presentado por Lucía Veiga e Dani Polo, percorre as vilas galegas creando unha sesión vermú, con xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. 'Aquí Galicia Fest' ofrece esta tarde desde Vilalba un programa cheo de emoción, sorpresas, cultura e moito sabor, coa participación das actrices Isabel Blanco e María Mera.
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 38
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 682
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 27.07.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 27.07.2025
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 11
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 4
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. Sobe a temperatura no estudio de 'Bailamos Celebrity' coas coreografías deste domingo. Os concursantes enfrontaranse a retos como, entre outros, ‘Telephone’, de Lady Gaga, e ‘Sexy and I know it’, de LMFAO.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS
CONFIDENCIAS: Patricia Pardo
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O medo ao fracaso é o tema sobre o que xirará o debate de ‘Confidencias’, coa xornalista Patricia Pardo como convidada.
GALA: Día G - Onde estas ti
A Televisión de Galicia celebra esta noite o seu 40 aniversario coa gala 'Día G - Onde estás ti'. Presentada por Xosé Ramón Gayoso, Arturo Fernández, Noelia Rey e Aitana del Mar, será unha homenaxe emotiva e participativa á historia da canle pública . Contará coa presenza de rostros históricos da TVG e de artistas galegos de referencia como Luz Casal, Tanxugueiras, Heredeiros da Crus, Treixadura, Malvela, Ortiga, De Ninghures e G Face, entre outros.
A SUPERFESTA: A SUPERFESTA 3
‘A Superfesta’ é a nova da TVG para os mércores deste verán. Coa participación estelar de Bruno e Borjamina, dous dos coñecidos Mozos de Arousa, o programa percorrerá as mellores festas de Galicia. ‘A Superfesta' da TVG estará presente nas emocionantes Festas do Carme de Camariñas. Bruno e Borjamina, dous dos mozos de Arousa, avaliarán as tradicións, a troula e a gastronomía da gran celebración dos mariñeiros, mentres que as reporteiras do programa achegaranse a Aguiño, Marín, Rianxo, Cangas e Moaña.
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 17
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.